A XUNTA CONVOCA AOS ALCALDES DE CANGAS E MOAÑA PARA EXPLICARLLES O PROXECTO DE DECRETO DE CREACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de convocar aos alcaldes de Cangas e Moaña, Clara Millán e Xosé Manuel Millán, respectivamente, para explicarlles o proxecto de decreto de creación da Área Metropolitana de Vigo. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, será a encargada de trasladarlle o proxecto da Xunta, que o pasado 25 de novembro xa foi explicado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, ao resto de alcaldes dos 14 concellos que integrarán de xeito inicial a futura entidade supramunicipal. Debido á ausencia destes dous concellos na reunión da semana pasada, a Xunta de Galicia convócaos a un novo encontro, que terá lugar o vindeiro xoves día 2 de decembro, para que coñezan de primeira man o texto articulado. O proxecto da Xunta aposta polo consenso e recolle as achegas realizadas nos últimos anos, tendo como base as declaracións de Nigrán e Soutomaior e o anteproxecto que non se chegou a aprobar en 2005, aínda que o texto tamén foi enriquecido coas aportacións feitas pola Universidade de Vigo e a información aportada nos últimos meses polos concellos O seu ámbito territorial é de 14 concellos (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vigo), podendo ampliarse no futuro a través dun procedemento sinxelo. A sede metropolitana será Vigo e o peso político dos municipios recae na Asamblea Metropolitana, mentres que a Xunta de Goberno, integrada polos alcaldes, é a que se encarga da xestión ordinaria. O núcleo de competencias básicas distribúese en catro grandes grupos: transporte colectivo; xestión ambiental; planificación territorial e desenvolvemento de infraestruturas; e promoción turística. Amplíase o ámbito competencial definido en 2005 en materias como o urbanismo e inclúense novas atribucións, como servizos sociais ou medio ambiente. Ademais, a Dirección Xeral de Administración  Local acaba de enviar o proxecto de decreto de constitución da Área Metropolitana de Vigo aos 14 concellos implicados, á Deputación de Pontevedra, á Administración Xeral do Estado -a través da delegación do Goberno en Galicia-, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a diversos colectivos veciñais e económicos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: