ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA CUNHA SUBVENCIÓN DE 3 MILLÓNS DE EUROS A CONVERSIÓN DO MOSTEIRO DE OIA NUN HOTEL COA CREACIÓN DE 40 EMPREGOS

  • Javier Guerra anunciou os apoios concedidos polo Igape para impulsar a rehabilitación deste hotel monumento que  “contribuirá a dar un importante pulo á oferta turística de calidade no Baixo Miño”
  • O conselleiro destacou que o Economía e Industria concedeu no que vai de ano máis de 6 millóns de euros en axudas a empresas desta comarca do Baixo Miño, un 400% máis ca no pasado ano
  • A consellería de Economía e Industria concedeu unha subvención de 3 millóns de euros para apoiar o investimento de preto de 20 millóns de euros destinado á rehabilitación do Mosteiro de Oia de cara a convertelo nun hotel que creará 40 empregos. Segundo manifestou o conselleiro Javier Guerra, o futuro hotel monumento “será fundamental para dar un importante impulso á oferta turística de calidade na comarca do Baixo Miño, ao tempo que contribuirá á creación de emprego estable no concello”. Segundo destacou Guerra durante a presentación do proxecto, está iniciativa vén a unirse aos crecentes apoios da Consellería de Economía e Industria de cara á reactivación económica da comarca do Baixo Miño. Neste sentido, o conselleiro de Economía e Industria lembrou que o Igape concedeu máis de 6 millóns de euros en axudas a empresas da comarca no que vai de ano, un 400% más que no ano pasado. No que se refire ao Mosteiro de Santa María de Oia, construído nos séculos XI e XII, está considerado Ben de Interese Cultural. As instalacións do mesmo inclúen a igrexa, sancristía, torre do campanario, claustro e patio de armas entre outras dependencias. Deste xeito, impulsarase unha rehabilitación integral para poñer en marcha un complexo hostaleiro de catro estrelas. A rehabilitación fomentará e conservará amplas zonas verdes de goce público e desenvolverase promovendo un uso responsable das fontes de enerxía alternativa; o proxecto prevé a instalación dunha planta de enerxía térmica e placas fotovoltaicas, a recuperación de antigos muíños de auga, a limpeza e aproveitamento do río Lavandeira. Tamén se vai recuperar a horta monacal, que antigamente tiñan os monxes do mosteiro. Ao tempo que o futuro hotel monumento enriquecerá a oferta turística de calidade na comarca, a contorna do Mosteiro de Oia ofrecerá aos futuros visitantes unha serie de actividades que permitirán desestacionalizar a oferta turística de Oia mediante rutas de sendeirismo, cicloturismo, motocross, deportes náuticos, paintball, caza, hípica e outras relacionadas coa natureza.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: