Santi Domínguez anuncia que o alumeado de Nadal chega a 21 parroquias, 38 rúas, 16 prazas e 7 mercados

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o alumeado de Nadal, que se inaugurará o vindeiro venres, mantén os criterios dos últimos anos nos que se tratou de conxugar o feito de que chegara a toda a cidade, xa que nunca antes se instalara en todas as parroquias; ao tempo que se sigue apostando polas zonas comerciais e se mantén o aforro enerxético. O nacionalista apuntou que o investimento mantense nos 200.000 euros que se destinaron o ano pasado.Mantense igualmente como o ano pasado a duración e horario. O alumeado acenderase o 3 de decembro e apagarase 6 de xaneiro pola noite. En canto ao horario será de 18 a 22 horas, agás nas datas máis sinaladas, como son os días da ponte, 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro, que se prolongará ata as 3 da madrugada. O acendido do alumeado de Nadal terá lugar este venres ás 18:30 horas na Porta do Sol cunha actividade de animación de rúa, como xa ven sendo habitual nos últimos anos. Como en anos anteriores, a campaña do alumeado foi consensuada coas asociacións de comerciantes da cidade. Santi Domínguez manifestoulles nunha xuntanza que “en tempos de crise e dificultades económicas a prioridade que temos na Tenencia de Alcaldía e na Concellería de Comercio é investir nas axudas directas ao pequeno e mediano comercio”, por iso aínda que se puideron ampliar algunhas poucas rúas, non se contemplou un incremento do orzamento, nin dos espazos alumeados.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: