A XUNTA CONFÍRMALLE A MARTA VALCÁRCEL QUE CREARÁ UN CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZA NA ILLA DE FILLABOA, EN SALVATERRA, ENTRE OUTRAS ACTUACIÓNS

Na Comisión parlamentaria de Agricultura, o director xeral de Conservación da Natureza anunciou tamén, en resposta a unha pregunta da deputada do Grupo Popular, a realización de traballos de restauración de hábitat e mellora do uso público

  • Marta Valcárcel salientou a gran potencialidade desta illa, a única de titularidade española e pública no Río Miño e que está catalogada como Ben de Interese Comunitario.

A Xunta de Galicia confirmou hoxe, en resposta a unha pregunta da deputada do Grupo Popular Marta Valcárcel, que ten previsto crear un centro de interpretación da natureza na Illa de Fillaboa, en Salvaterra, entre outras actuacións. Na Comisión parlamentaria de Agricultura, o director xeral de Conservación da Natureza anunciou tamén, en resposta á dita pregunta, a realización de traballos de restauración de hábitat e mellora do uso público. Para a execución das devanditas actuacións, estase xa a tramitar un contrato por importe de 123.000 euros, segundo afirmou o director xeral, quen destacou a gran potencialidade da Illa de Fillaboa como espazo para o ocio e a educación ambiental.  Nese sentido, Marta Valcárcel salientou a gran potencialidade desta illa, a única de titularidade española e pública no Río Miño e que está catalogada como Ben de Interese Comunitario. Unha das primeiras actuacións que se van levar a cabo será a eliminación de vexetación autóctona e a repoboación da flora, traballos que se iniciarán a principios de ano e que se prevé estean rematados no primeiro trimestre de 2011. Igualmente, levaranse a cabo actuacións de ordenación do uso público, como a creación dunha senda didáctica educativa, mediante a creación dun observatorio de fauna ao longo dun valado perimetral de madeira, e a sinalización dos bosquetes plantados con información sobre as especies forestais empregadas.

 COMPLEMENTAR AS ACTUACIÓNS DO CONCELLO

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ten previsto tamén reformar unha pequena construción que existe na illa para o seu uso como centro de interpretación que achegue aos visitantes información sobre os valores naturais, hábitats, paisaxe e especies de flora e fauna presentes na contorna. O director xeral destacou na súa intervención a importancia do proxecto, especialmente no que atinxe ao observatorio das aves, xa que na illa pódense atopar arredor de 20 especies diferentes, das que 3 son especies vulnerables ou en perigo de extinción. Este proxecto ven complementar as actuacións que está a levar a cabo o Concello de Salvaterra para a posta en valor do patrimonio natural da zona cunha convivencia harmónica de ocio e natureza, apostando por facilitar a relación do cidadán coa contorna. 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: