A XUNTA INVISTE MÁIS DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS NA EXECUCIÓN DA II FASE DOS COLECTORES XERAIS DA BACÍA DO RÍO MENDO, EN SALVATERRA DE MIÑO, PARA ELIMINAR PUNTOS DE VERTEDURA

  • Este proxecto supón as obras necesarias para a construción dun interceptor xeral de saneamento de augas residuais do río Mendo e a súa rede primaria
  • O prazo de execución desta actuación é de nove meses

 O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves un investimento de máis de 1,4 millóns de euros, a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello pontevedrés de Salvaterra do Miño, para a execución da segunda fase dos colectores xerais da bacía do río Mendo, na dita localidade. Este acordo tramítase ao abeiro do Decreto 84/1997, do 10 de abril que prevé a colaboración técnica e financeira da Administración hidráulica de Galicia coas entidades locais. Grazas a esta normativa establécese a posibilidade de financiamento e execución por parte da Xunta de Galicia de obras de abastecemento e saneamento de auga, mesmo os proxectos técnicos e construtivos, nos termos municipais de Galicia.

 Características técnicas

Este proxecto supón a execución das obras necesarias para a construción dun interceptor xeral de saneamento de augas residuais do río Mendo e a súa rede primaria, o que permitirá incorporar ao interceptor as verteduras das parroquias situadas no extremo oriental de Salvaterra do Miño. O colector xeral discorre, na súa maior parte, seguindo o río Mendo fóra da zona de servidume, funcionando por gravidade desde o seu extremo augas arriba, límite co concello das Neves, ata o seu final en Ponte Ferrón, onde se fará un bombeo que levará as residuais do conxunto á rede separativa da Plataforma Lóxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Así mesmo, a rede primaria está formada por doce colectores cunha lonxitude total de 6.462 metros, seguindo en xeral camiños e pistas existentes, recollendo as residuais dos núcleos principais que verten ao río Mendo. Estes colectores conéctanse ao interceptor en diversos puntos do seu percorrido. Coa fase I atópanse en execución catro dos doce colectores da rede primaria, que suman un total de 6.126 metros, repartidos en 548 m do colector de Burguete; 1.455 m do de Gandarela; 2.745 m do de Sueido; e 1.378 m do colector do Couto. Nesta fase II complétanse o resto das actuacións citadas, ao tempo que se levará a cabo a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas obras.

Investimento

Para levar a cabo esta obra, investiranse 1.431.165,56 euros, cantidade dividida en tres anualidades, comezando cos pagamento o vindeiro ano, cunha achega de algo máis de 231.100 euros; sendo de 600.000 euros as dúas restantes.

ANO IMPORTE
2011 231.165,56
2012 600.000,00
2013 600.000,00
TOTAL 1.431.165,56

O prazo de execución destas actuacións, que beneficiará a máis de 15.000 habitantes, é de nove meses.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: