A Xunta traslada ao goberno central as súas alegacións na procura duns plans de xestións da pescada e da xarda.

O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños reuniuse en Madrid con representantes do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño

 No que respecta á pescada Pablo Fernández defendeu a transmisión de cota do mesmo censo entre varios barcos da mesma empresa ou diferentes empresas

  • O  director xeral solicitou a realización, de cara ao vindeiro ano, dun plan de xestión para o rapante, o lirio, o rape ou o xurelo, xa que as cotas consumidas destas especies están chegando ao peche
  • No relativo á xarda demandou reservar unha porcentaxe da cota para o segundo semestre para o arrastre, o cerco e as artes menores
  • Outra das demandas trasladadas por parte de Galicia no relativo á xestión da cota da pescada é a de retirar da futura orde a modalidade pincho-caña e que a súa porcentaxe de cota se inclúa na modalidade de artes menores. O titular de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños tamén espuxo a petición do sector de arrastre e do de palangre e volanta, incluídos no plan de recuperación da pescada sur e cigala do Cantábrico e Oeste da Península Ibérica de aumentar nun mes máis a parada obrigatoria, pasando dos 30 días que suxire o MARM a 60. Ademais o director xeral expresou a preocupación de Galicia pola non inclusión neste plan de xestión doutras especies como o rapante, o lirio, o rape ou o xurelo e pediu a realización dun plan de xestión para estas especies de cara ao vindeiro ano, xa que as cotas consumidas destas especies están chegando ao nivel de peche.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: