CIG-Servizos denuncia que persoal de Linorsa está a limpar os colexios de Vigo pola noite e con escolta policial

Inspección de Traballo confirmou que remitirá un requerimento á empresa e podería sancionala por incumprir o horario laboral A Consellería de Educación adiantou que enviará inspectores aos centros, que poderían pechar por condicións insalubres La federación de Servizos da CIG de Vigo denunciou hoxe que a empresa Linorsa aproveitou a pasada noite para limpar algúns colexios con escolta da Policial Local, o que vulnera o dereito á folga. A Inspección de Traballo xa confirmou que podería sancionar á empresa por incumprir o horario laboral. A Consellería de Educación confirmou tamén que enviará inspectores aos centros de xeito aleatorio e non descarta pechar os que non cumpran os requisitos de salubridade. Dende a central nacionalista censuran que a empresa enviase a traballadores/as alleos ao servizo de limpeza dos colexios públicos a limpar os centros entre a 1.00 e as 4.00 horas coa cobertura de axentes locais, cuestión que foi posta en coñecemento da Inspección de Traballo, o que podería derivar nunha sanción a Linorsa ao vulnerar o horario laboral. Os policías identificaron tanto aos piquetes informativos como ás persoas que realizaron as labores e limpeza. As operarias en folga realizaron hoxe un peche na delegación da Consellería de Educación en Vigo, até que foron recibidas polo xefe territorial de Pontevedra, César Augusto Pérez Ares. O responsábel autonómico explicoulles que recibiron comunicacións de cinco centros queixándose do mal estado dos mesmos e reclamando a presenza de inspectores . “Cando chegaron atopáronse con que xa estaban limpos, porque o Concello, que tamén recibiu os faxes, falou coa empresa”, critica a secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo. María do Tránsito Fernández explicou que traballadores/as de Linorsa alleos ao servizo de limpeza dos colexios públicos realizaron as labores escoltados pola Policía Local entre a unha e as catro da mañá. A representante sindical lembrou tamén que a limpeza de centros por parte dalgúns pais vulnera o dereito á folga, “ademais de non seren as persoas axeitadas para este traballo”.

Manifestación e aportación solidaria

Por outra banda, unha manifestación percorrerá mañá as rúas de Vigo en apoio das traballadoras en folga. A marcha partirá ás 11.00 horas dende o Concello, onde previamente (a partir das 10.00 horas) levarase a cabo unha concentración, e percorrerá distintas rúas até o edificio do antigo Reitorado da Universidade de Vigo, na rúa Oporto, onde está situada a Concellería de Educación. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, terá lugar no sindicato a entrega dun adianto económico da caixa de resistencia da CIG ás traballadoras afiliadas á central que secundan un paro que se prolonga xa dende hai máis de 15 días. O resto de operarias que participan na folga tamén recibirán unha axuda mediante a venda de bonos solidarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: