Pego e García de Paredes visitan as oficinas de Novacaixagalicia nas súas localidades de orixe

  O director xeral, cos empregados da sucursal de barrio en Ferrol   O director xeral adxunto executivo iniciou o día na oficina de Ribadeo O director xeral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, e o director xeral adxunto executivo, Javier García de Paredes, iniciaron hoxe a súa xornada de traballo nas sucursais das súas vilas de orixe, Ferrol e Ribadeo, respectivamente.

Jose Luis Pego visitou a primeira hora da mañá a oficina de San Juan, en Ferrol, a sucursal do seu barrio natal. Pola súa parte, Javier García de Paredes iniciou o percorrido nas oficinas de Ribadeo, en Lugo, vila de orixe de seus pais. Durante a visita, os directivos saudaron un a un a todos os empregados e mostraron a súa dispoñibilidade para atender as necesidades de todas as persoas que forman parte de Novacaixagalicia. “Os nosos teléfonos e as nosas portas están abertos”, aseguraron. Os dirixentes da nova entidade irradiaron cara aos empregados a proximidade que queren transmitir como principal valor de Novacaixagalicia cara a todos os clientes. Ambos os directivos continuaron ao longo da mañá visitando varias sucursais en localidades como Pontedeume, Abadín, Vilalba ou Miño. Finalmente, José Luis Pego e Javier García de Paredes desprazáronse ata a oficina principal de Novacaixagalicia na Coruña esaudaron tamén ao persoal dos servizos centrais da caixa galega nesa cidade, ao igual que fixeran onte con todos os empregados dos servizos centrais da entidade situados en Vigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: