Archive | diciembre 3, 2010

José Luis Pego recibe a Insignia de Ouro da Facultade de Ciencias Sociais pola súa traxectoria profesional

 É O MÁXIMO DISTINTIVO DA INSTITUCIÓN ACADÉMICA PONTEVEDRESA

          O director xeral de Novacaixagalicia fai extensivo o galardón a todo o persoal da caixa

 O director xeral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, foi distinguido esta tarde en Pontevedra coa Insignia de Ouro da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional no eido financeiro. Leer Más…

Información empleo

Información cedida por la CEP

UNA GRAN CESTA DE NAVIDAD LLENA DE LIBROS SERÁ EL PREMIO AL QUE OPTEN TODOS LOS USUARIOS DE LA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PORRIÑO

Desde el 1 de diciembre y hasta el 7 de enero con cada préstamo efectuado se entregará una participación gratuita para este sorteo organizado desde la Concejalía de Cultura del Concello de Porriño Que mejor regalo que un libro. En base a esta premisa y al fomento de la lectura, la biblioteca municipal dependiente de la Concejalía de Cultura del Concello do Porriño dirigida por el alcalde Nelson Santos, ha organizado el concurso ¡Qué mejor cesta de Navidad que un montón de libros! Leer Más…

UNHA XORNADA FORMATIVA DA REDE A GALIÑA AZUL REUNIRÁ EN SANTIAGO A UN MILLAR DE PROFESIONAIS EDUCATIVOS O VINDEIRO 18 DE DECEMBRO

  • O encontro contará coa presencia de dous expertos internacionais na materia
  • Poden inscribirse traballadores de todos os centros dese tramo de idade

O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 18 de decembro o “Encontro de profesionais da educación infantil 0-3: Respostando ás necesidades da infancia e das familias”. Esta xornada quere servir como foro para compartir experiencias e reflexionar sobre o traballo a desenvolver nun sector que está a xurdir como resposta ás necesidades da sociedade actual, e no que a oferta pública debe ser complementada necesariamente pola privada. Con ese obxectivo, a xornada está aberta a todos os traballadores das escolas infantís da comunidade autónoma, xa sexan centros da Rede A Galiña Azul, municipais, de iniciativa social ou privados. A día de hoxe hai máis de 700 asistentes confirmados. A inscripción pode realizarse ata o vindeiro día 9 de decembro na páxina web http://www.escolasinfantis.net, entrando no apartado Servizos: Plan de Formación, onde tamén se pode atopar información sobre horarios e contidos. Ademais, os asistentes das distintas escolas infantís poden realizar comunicacións sobre o traballo desenvolvido nos seus centros para, deste xeito, compartir ideas e dinámicas que enriquezan os distintos proxectos educativos. Leer Más…

Agenda Detrás do Marco(calle Londrés s/n)

Sábado 04 de Diciembre, la directora de Linguamanía dará comienzo al primer Taller de conversación de inglés ( con dos profesoras nativas ) Comenzará a las 11:00 y se servirá un desayuno completo a los asistentes.Importante tener un nivel medio.Para reservar la participación 986 11 32 38 – 680 427 413 – Detrás do Marco (calle Londres s/n ) o en www.Linguamania.es (12 euros)

Xa se pode descargar (e de balde) PUAG QUE NOXO! para iPhone e iPad

Vén de nacer o primeiro libro galego para estes novos soportes

Dende as primeiras horas do venres xa é posible descargar dende a tenda de Apple Store a aplicación que, dentro do proxecto Contoplanet (froito da alianza entre Galaxia, Perro Verde e Milrayas) preparamos arredor do libro de Fina Casalderrey e Andrés Meixide, Puag que noxo!. O conto pode descargarse de balde para comezar a ler e xogar dende o primeiro instante, con todas as posibilidades de interactividade que ofrece, así como as combinacións de textos e locución en galego, castelán e inglés, ou gravar as súas propias para personalizar absolutamente o conto. Deste xeito, cada libro é unha experiencia persoal, con zonas táctiles, efectos de son e animacións.
Dende a tenda de Apple Store poderán descargarse en breve outros catro contos: Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo, de Xan López Domínguez, ¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey (con ilustracións de Kristina Sabaite) e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide). Unha vez que o usuario acceda á librería de Contoplanet na tenda de Apple, atopará as cubertas de cinco libros da colección Árbore de Galaxia para escoller cal quere descargarse. A partir de aí, o entorno dixital, intuitivo e táctil, pasa a ser protagonista nun produto que permite comentar dende o primeiro instante as nosas sensacións, a un só toque de dedo, nas principais redes sociais (facebook, twitter… ) así como recomendacións a amigos a través de email. Por suposto, existirá tamén a posibilidade de, ao remate do conto, acceder ao catálogo da editorial para mercar o libro físico.
Con esta nova iniciativa, Editorial Galaxia continúa apostando forte polas novas tecnoloxías, o entorno dixital e a modernidade para que a lingua e a literatura de nós teña o protagonismo tamén nestes novos mundos que xa son o noso presente máis inmediato.

O MUSEO DO MAR CONTINÚA COS OBRADOIROS PARA NENOS E PAIS

Baixo o título Siluetas do mar, terá lugar mañá, sábado 4 de decembro, un novo obradoiro para familias

             O Museo do Mar de Galicia continúa coa programación de obradoiros dirixidos expresamente a nenos e mairoes. Baixo o nome Siluetas do mar, terá lugar mañá, sábado 4 de decembro, en horario de 16.30 h. a 18.30 h., unha nova actividade, que estará centrada nas formas e os movementos dos animáis mariños. Con esta nova proposta, dase continuidade a un amplo programa de entretementos que ten lugar cada fin de semana, e no que se mestura ocio e coñecemento. Desta forma, fillos e pais teñen a oportunidade de coñecer as diferentes partes do museo, dende a mostra permanente ata a nave de exposicións temporais, pasando polo acuario ou o peirao. Para participar nos obradoiros, os interesados poden inscribirse completando o formulario que se atopa na páxina web www.museodomar.com ou contactando directamente co departamento de Educación do museo chamando ó teléfono 986 247 750. O aforo máximo é de trinta persoas e a idade mínima dos nenos, que sempre deberán ir acompañados dun adulto, é de 7 anos.

 Obradoiro: Siluetas do mar.

Data: sábado, 4 de decembro.

Horario: 16.30 h. a 18.30 h.

JAVIER GUERRA IMPULSA A MESA DA ELECTROMOBILIDADE PARA SITUAR A GALICIA Á VANGARDA DO DESENVOLVEMENTO E FOMENTO DO VEHÍCULO ELÉCTRICO

  • O conselleiro de Economía e Industria presidiu a reunión na que se pecharon as bases de funcionamento interno da Mesa, que se estruturou en catro comisións de traballo para aglutinar esforzos no camiño do desenvolvemento e fomento do vehículo eléctrico en Galicia
  • A xuntanza serviu para definir a presidencia da Mesa, que quedará en mans do conselleiro de Economía e Industria, coa finalidade de coordinar todos os traballos encamiñados a vertebrar o respaldo ao vehículo eléctrico, ofrecer un marco regulatorio estable e avanzar na planificación da estratexia a seguir Leer Más…

A OBRA DE TEATRO PARA NENOS 'OS 4 DA XUNQUEIRA', PATROCINADA POR XACOBEO 2010, CHEGARÁ A SETE LOCALIDADES GALEGAS DURANTE O MES DE DECEMBRO

Vigo, A Coruña, Vilalba, Crecente, Redondela, Ourense e Santiago acollerán as funcións deste espectáculo sobre o vínculo entre mozos e maiores no rural.

  • Música en directo, danza, acrobacia, monicreques e malabarismo danse cita nesta peza teatral, coproducida por Limiar Teatro, MAO e Agadic a través do Centro Dramático Galego.

 A xira da obra de teatro para nenos Os 4 da Xunqueira, que conta co patrocinio de Xacobeo 2010 e que está incluída na súa programación de Camiño Infantil, chegará ao longo do mes de decembro a sete localidades galegas. Vigo, A Coruña, Vilalba, Crecente, Redondela, Ourense e Santiago acollerán as representacións deste espectáculo teatral e musical, baseado na historia da tradición oral Os Catro Amigos, presente tanto na cultura galega como na universal. Nesta peza teatral, coproducida por Limiar Teatro, MAO e Agadic a través do Centro Dramático Galego, participa un equipo moi novo formado por profesionais portugueses e galegos. Leer Más…