JAVIER GUERRA IMPULSA A MESA DA ELECTROMOBILIDADE PARA SITUAR A GALICIA Á VANGARDA DO DESENVOLVEMENTO E FOMENTO DO VEHÍCULO ELÉCTRICO

  • O conselleiro de Economía e Industria presidiu a reunión na que se pecharon as bases de funcionamento interno da Mesa, que se estruturou en catro comisións de traballo para aglutinar esforzos no camiño do desenvolvemento e fomento do vehículo eléctrico en Galicia
  • A xuntanza serviu para definir a presidencia da Mesa, que quedará en mans do conselleiro de Economía e Industria, coa finalidade de coordinar todos os traballos encamiñados a vertebrar o respaldo ao vehículo eléctrico, ofrecer un marco regulatorio estable e avanzar na planificación da estratexia a seguir
  • Galicia será a primeira Comunidade Autónoma do Estado en ter lista unha normativa que regula as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico en Galicia, e xa ten definida a rede primaria destas infraestruturas
  • Esta rede estará estruturada en tres niveis, e distribuirá por toda Galicia máis de 400 puntos de recarga nos ámbitos urbanos e interurbanos, da man de estacións multifucionais de mobilidade demostrativas, que se instalarán nas sete grandes cidades de Galicia e que funcionarán tamén como punto de información, e que contarán cun orzamento de 2 millóns de euros

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presidiu hoxe en Vigo a reunión da Mesa da Electromobilidade de Galicia na que se pecharon as bases do seu funcionamento interno co obxectivo de situar á nosa Comunidade Autónoma á vangarda do desenvolvemento e o fomento do vehículo eléctrico. A xuntanza serviu para definir a presidencia da Mesa, que será ocupada polo conselleiro de Economía e Industria, coa finalidade de coordinar os traballos encamiñados a vertebrar o desenvolvemento e o fomento do vehículo eléctrico, ofrecer un marco regulatorio estable e avanzar na planificación da estratexia a seguir. Javier Guerra salientou tamén que a reunión impulsou a creación de catro comisións de traballo, “a de regulamentación e normativa, a de tecnoloxía e liñas de I+D+i, a de promoción do vehículo eléctrico e coordinación cos concellos, e a encargada de conformar os proxectos demostrativos que se levarán a cabo nas 7 grandes cidades de Galicia, que servirán para aglutinar esforzos no camiño do futuro, ao que Galicia xa está enganchada”. O conselleiro apuntou que a nosa Comunidade Autónoma, co apoio da Xunta e o traballo da Mesa da Electromobilidade, reforzará a súa posición na vangarda de todas as “acccións encamiñadas ao desenvolvemento do vehículo eléctrico, porque diminuiremos a nosa dependencia de enerxías contaminantes, seremos máis eficientes e axudará a potenciar o noso liderado en enerxías renovables”, apuntou Javier Guerra. O responsable autonómico lembrou que Galicia será a primeira Comunidade Autónoma do Estado en ter lista unha normativa que regula as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico en Galicia, e xa ten definida a rede primaria destas infraestruturas. Esta rede estará estruturada en tres niveis, e distribuirá por toda Galicia máis de 400 puntos de recarga nos ámbitos urbanos, interurbanos, a través das gasolineiras, e da man de estacións multifucionais de mobilidade demostrativas, que se instalarán nas sete grandes cidades de Galicia e que funcionarán tamén como punto de información, e que contarán cun orzamento de 2 millóns de euros. Ademais, Javier Guerra apuntou que a Mesa Galega da Electromobilidade, liderada pola Consellería de Economía e Industria, aglutina a todos os estamentos fundamentais da Comunidade Autónoma para que o desenvolvemento do vehículo eléctrico sexa unha realidade inmediata, sostible e eficiente. Á reunión asistiron, ademais do conselleiro e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces;  Juan Ramón Rodríguez Castro, do grupo PSA Peugeot-Citroën; José Luciano Martínez Covelo, do CEAGA; Luis Moreno Diéguez, do CTAG; María Elena González Sánchez, de Energylab; Josep Coroniu Castelló, de Gas Natural Fenosa; Santiago Blanco Pérez, de Indra; e Alverto Casal da Vila, de Bluemobilty.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: