José Luis Pego recibe a Insignia de Ouro da Facultade de Ciencias Sociais pola súa traxectoria profesional

 É O MÁXIMO DISTINTIVO DA INSTITUCIÓN ACADÉMICA PONTEVEDRESA

          O director xeral de Novacaixagalicia fai extensivo o galardón a todo o persoal da caixa

 O director xeral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, foi distinguido esta tarde en Pontevedra coa Insignia de Ouro da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional no eido financeiro. O primeiro executivo da nova caixa galega recibiu o que é o máximo emblema desta institución académica da man do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, no transcurso do acto de graduación dos titulados de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual, e da Diplomatura de Xestión e Administración Pública, que remataron os seus estudos no curso 2008-2009.  Xunto co distintivo, José Luis Pego recibiu a Banda de Honra da Facultade e un diploma acreditativo. Na súa intervención, o director xeral de Novacaixagalicia reiterou o seu agradecemento á facultade por telo distinguido coa súa insignia, un recoñecemento que fixo extensivo a todos os profesionais que conforman a nova caixa de aforros galega. Pego Alonso dedicou parte do seu discurso a gabar ao cento de graduados que recibiron os seus diplomas neste solemne acto, que simboliza o final da súa etapa universitaria e o inicio da súa carreira profesional. Así mesmo, aproveitou para salientar a calidade da oferta académica das universidades galegas, o elevado nivel de cualificación dos seus graduados, subliñando a importancia da formación como peza clave do progreso socioeconómico dun país- A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación entrega cada ano a súa Insignia de Ouro a unha personalidade distinguida e admirada do mundo da comunicación, da empresa ou da cultura. O nome de José Luis Pego foi proposto polo anterior decano do centro, Xulio Pardellas de Blas, e ratificado por acordo unánime da Xunta da Facultade, da que forman parte representantes do profesorado, alumnos e persoal de administración e servizos. Con este galardón, a institución recoñece o “indiscutible protagonismo” de Pego Alonso no proceso de integración das caixas galegas, a estreita relación da entidade financeira que dirixe coa Universidade de Vigo e o apoio da mesma á formación e ao fomento do emprego a través de distintas iniciativas, como é o caso dos programas de bolsas. Do mesmo xeito, a facultade valorou a vinculación do director xeral de Novacaixagalicia co propio centro, co que vén colaborando dende hai dous anos como docente no Curso Complementario de ‘Alta Dirección Empresarial e de Comunicación’.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: