UNHA XORNADA FORMATIVA DA REDE A GALIÑA AZUL REUNIRÁ EN SANTIAGO A UN MILLAR DE PROFESIONAIS EDUCATIVOS O VINDEIRO 18 DE DECEMBRO

  • O encontro contará coa presencia de dous expertos internacionais na materia
  • Poden inscribirse traballadores de todos os centros dese tramo de idade

O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 18 de decembro o “Encontro de profesionais da educación infantil 0-3: Respostando ás necesidades da infancia e das familias”. Esta xornada quere servir como foro para compartir experiencias e reflexionar sobre o traballo a desenvolver nun sector que está a xurdir como resposta ás necesidades da sociedade actual, e no que a oferta pública debe ser complementada necesariamente pola privada. Con ese obxectivo, a xornada está aberta a todos os traballadores das escolas infantís da comunidade autónoma, xa sexan centros da Rede A Galiña Azul, municipais, de iniciativa social ou privados. A día de hoxe hai máis de 700 asistentes confirmados. A inscripción pode realizarse ata o vindeiro día 9 de decembro na páxina web http://www.escolasinfantis.net, entrando no apartado Servizos: Plan de Formación, onde tamén se pode atopar información sobre horarios e contidos. Ademais, os asistentes das distintas escolas infantís poden realizar comunicacións sobre o traballo desenvolvido nos seus centros para, deste xeito, compartir ideas e dinámicas que enriquezan os distintos proxectos educativos.

 Expertos internacionais

O encontro do día 18 de decembro contará coa presencia de dous expertos do ámbito da educación no 0-3 a nivel internacional, Vicenç Arnaiz Sancho e Battista Quinto Borghi, e do decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Lois Ferradás. Vicenç Arnaiz é director do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico de atención temperá de Menorca, presidente do Observatori da Infancia de Menorca e asesor da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) en calidade de experto en educación infantil. Con anterioridade foi director do Instituto para a Educación da Primeira infancia do Govern das Illas Baleares e asesor externo do Ministerio de Educación para cuestións relacionadas coa educación infantil. Pola súa banda, Battista Quinto Borghi é autor de varios libros de referencia para este ciclo educativo, director pedagóxico da revista electrónica www.infantiae.org e responsable pedagóxico do Servizo para a infancia da cidade italiana de Turín.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: