Archive | diciembre 4, 2010

Agenda Fábrica de chocolate en Vigo

NUEVOS HORARIOS! Dom. a Jue. 21:30 h. / Viernes y Sábado: 22:00 h.
 PRÓXIMAMENTE: La Canalla, Dniel Higiénico, Nouvelle Cuisine, Misterios Viaje a Holanda, Jancee Pornick Casino, Nadadora, Tony Lomba & Elio dos Sant
 
 

más información en:
www.fabricadechocolateclub.com
www.myspace.com/fabricadechocolateclub
http://www.youtube.com/user/Fabricachocolateclub
www.musikaze.com/lafabricadechocolateclub
www.clubtura.org/web

O CETMAR ORGANIZA UN SEMINARIO SOBRE VALORIZACIÓN DE SUBPRODUTOS PESQUEIROS DENDE UNHA PERSPECTIVA INDUSTRIAL

O evento é unha das actividades programadas dentro do proxecto IBEROMARE

Representantes de empresas dedicadas á obtención de xelatinas e coláxenos exporán a realidade deste sector e falarán dos obstáculos para levar á práctica esta actividade

  • A xornada completarase cunha visión complementaria da valorización enfocada a fines alimentarios. Leer Más…

O BNG considera inxustificábel a suba dos prezos da piscina municipal

“A suba faise con informe desfavorábel da Intervención do Concello” A Guarda, 3 decembro 10. No pleno ordinario de decembro o grupo de goberno do PSOE aprobou a suba das prezos públicos da piscina municipal. A suba prevista vai dende o 4% para os socios, socias, aboados e aboadas a un 20% para o resto de usuarios que utilizan a piscina municipal. Leer Más…

Unhas 300 persoas percorren as rúas de Vigo en solidariedade coas limpadoras/es dos colexios

A folga para reclamar aumento de xornada para poder xubilarse supera os 15 días polo inmobilismo de empresa e Concello

 Arredor de 300 persoas participaron na mañá de hoxe na manifestación convocada pola CIG en solidariedade coas traballadoras/es da limpeza dos colexios públicos de Vigo. Xa pola tarde, as afectadas recibiron unha achega económica da caixa de resistencia da central e da venda de bonos solidarios ante prolongación do conflito a causa do inmobilismo de Goberno local e empresa. A marcha partiu ás 11.00 horas da praza do Concello, onde previamente se concentraran as traballadoras e os seus familiares. Leer Más…

O tenente de alcalde critica que PP e PSOE “abandonan” a Vigo na loita contra o paro e a reactivación económica

O nacionalista fixa a súa prioridade na saída da crise e iniciará unha rolda de contactos para definir medidas efectivas para combatila

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, advertiu hoxe da difícil situación á que están levando a Vigo e a súa comarca a ineficacia das políticas de loita contra a crise e xeración de emprego do Goberno do PP na Xunta e do PSOE no Estado.  O nacionalista manifestou a súa preocupación polos datos do incremento do paro feitos públicos esta semana, que evidencian que con 7.700 novos desempregados Galiza só é superada por Andalucía, e avanzou que iniciará unha rolda de contactos con diferentes sectores económicos, sociais e sindicais para buscar conxuntamente solucións reais á crise. Santi Domínguez xa adiantou que o traballo que nos últimos meses se está a facer dende todas áreas nacionalistas para loitar contra a crise vaise reforzar. “A nosa prioridade é poñer todos os recursos dos que dispoñemos para que Vigo e a súa xente saía desta situación. Leer Más…

exposición do Museo quiñones de León Vigo

Unha pinacoteca para Galicia” que está aberta na Casa das Artes.

Horario especial de visitas .

ASPASIM, O CONCELLO DE BAIONA E CASTRO NAVAS S.L. RECIBEN O CARMEN FERRO 2010 NO DÍA DA DISCAPACIDADE

O acto concluíu cunha obra de teatro interactiva de Blanca Marsillach que comezou con retraso por culpa da neve A Deputación de Pontevedra fixo entrega dos premios Carmen Ferro 2010 para conmemorar o día da Discapacidade Física, Intelecutal e Sensorial. No discurso de apertura, a vicepresidenta Teresa Pedrosa falou da importancia que ten o texido asociativo e a colaboración institucional para promover proxectos e potenciar a aquelas entidades e asociacións que traballan para mellorar a vida das persoas con discapacidade. Leer Más…

estudiantes deL COLEGIO ANTONIO PALACIOS CONOCEN LOS ENTRESIJOS y la labor diaria en el parque de bomberos DE PORRIÑO

En el marco de la actividad “Conoce el parque de bomberos de Porriño”, organizada desde la Concejalía de Educación 38 escolares de tercer curso de Educación Primaria conocieron el funcionamiento del parque, la flota de vehículos para intervención de emergencias, distintos dispositivos de protección y los dos perros entrenados para la búsqueda en catástrofes
Más de 400 alumnos participan de esta actividad que se prolongará hasta el mes de enero y a través de la cual se pretende fomentar en los escolares el conocimiento del entorno y la riqueza del municipio 

Ya se puede consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

EL CONCELLO DO PORRIÑO ADQUIERE UN CUADRO DE la ARTISTA PORRIÑESA marta cabaleiro

El alcalde Nelson Santos explicó que una partida de los presupuestos se dedicará a la compra de obras y trabajos artísticos de firma porriñesa, contribuyendo a la promoción y apoyo de sus autores y al enriquecimiento del patrimonio del Concello
El acto de entrega oficial se realizó esta mañana en el centro cultural municipal, lugar en donde lucirá este acrílico sobre lienzo que muestra un bosque otoñal, puntillista y muy colorista 
Ya se puede consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

A XUNTA DE GALICIA REINICIARÁ EN BREVE O EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN DOS TERREOS NECESARIOS PARA O PARQUE EMPRESARIAL DE TOMIÑO

Proximamente se publicará no DOG a Resolución que o dispón 

  • Expropiaranse 447 fincas, que suman unha superficie total de 398.566 metros cadrados
  • Preto dun 20 por cento do solo necesario xa foi adquirido por compravenda
  • O investimento total previsto no parque empresarial achégase aos 24 millóns de euros Leer Más…