Archive | diciembre 5, 2010

II Trofeo de Petanca "Agrupación de Centros Deportivos e Culturais"

Achégate o sábado 18 de decembro á Bembrive e disfruta cos mellores xogadores federados de petanca competindo no II Trofeo da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.

No enlace tes a ubicación da  SCR Xestas e ruta desde Praza de España  http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Fbit.ly%2FXESTAS&h=cb763

PORTOS DE GALICIA MELLORARÁ E ACONDICIONARÁ AS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DO PORTO DE CESANTES

O ente público Portos de Galicia executa as obras reparación e acondicionamento das instalacións eléctricas no porto de Cesantes. Esta actuación, presupostada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM), suporá un investimento duns 37.000 euros. Os traballos consisten na execución dunha nova acometida e derivación do equipo de medida da oficina da Confraría de Pescadores, localizada nos novos departamentos, a instalación de elementos de medida, aparataxe, dispositivos eléctricos e diversas protecións e postas a terra como medida de seguridade para as persoas. Leer Más…