Delegados/as da CIG e parados/as ocupan o INEM de Vigo para esixir o mantemento da axuda de 426 euros

A protesta, que se prolongou durante máis de hora e media, tivo lugar despois dunha asemblea de representantes sindicais

Unhas 300 persoas participaron hoxe en Vigo no acto de protesta convocado pola CIG nas oficinas do INEM das principais cidades galegas para esixir o mantemento do subsidio de 426 euros a parados de longa duración. A mobilización, que se prolongou durante máis de hora e media na rúa Gregorio Espino, tivo lugar despois da asemblea na que delegados/as da central nacionalista na comarca viguesa analizaron as novas medidas contra a crise aplicadas polo Goberno español e abordaron o xeito de facerlles fronte polo seu contido antisocial. A protesta na sede do INEM situada na rúa Gregorio Espino comezou pasadas as 11.30 horas. As numerosas persoas que se atopaban concentradas fronte ao edificio dende minutos antes accederon ao interior do local portando unha faixa na que se podía ler “Contra as reformas do capital e as políticas antisociais da Xunta”. Unha vez dentro berraron consignas contra as decisións do Goberno español e reclamando maior protección social. Durante a ocupación simbólica non se rexistraron incidentes e as persoas que nese momento se atopaban realizando algunha consulta continuaron sendo atendidas polos traballadores/as da oficina. A pesar de todo até a zona desprazáronse varias dotacións da Policía española con máis dunha ducia de axentes. O secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, explicou que a mobilización responde á “crítica situación que viven milleiros de parados/as de todo o país” e denunciou o seu abandono por parte dos poderes públicos. “As medidas que está a aplicar o Goberno español e a Xunta obrígannos a dar unha resposta na rúa”, incidiu. Segundo manifestou, os ataques do Estado contra a clase traballadora merecen unha resposta, sobre todo na comarca de Vigo, “unha das máis castigadas de Galiza”.

Asemblea de delegados/as

Precisamente nesta última idea afondou na asemblea delegados/as celebrada previamente na cidade. Otero repasou xunto ao secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, a situación económica na comarca viguesa e as respostas da clase traballadora fronte ás medidas que están a aplicar os gobernos para saír da crise. O secretario comarcal da CIG lembrou que 20-(uns 60.000 parados/as do total de 231.000 no conxunto do país). Onde si
rexistrou o 50% foi no incremento do paro deste último mes (do total de
7.000 persoas en toda Galiza, unhas 3.500 son da comarca de Vigo).
 rexístrase na nosa comarca” e afondou na problemática social que isto supón. En concreto, citou o alarmante incremento das persoas que teñen que acudir a organizacións benéficas, e incluso á propia central sindical, para poder saír adiante. Pola súa banda, Alcántara incidiu na necesidade de dar unha resposta coordenada aos recortes en dereitos laborais e sociais que se están a producir puxo o acento sobre a cada vez maior distancia existente entre as grandes fortunas e a poboación en xeral. “As diferenzas sociais son cada vez maiores e o Estado español segue a ser dos que menos gasto social ten de toda Europa”. Finalmente, censurou que ao tempo que se retira o subsidio de 426 euros “rebáixanlle a fiscalidade ás empresas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: