GALICIA, GÁRDASME O SEGREDO?

A marca turística galega, que concentra os valores da Comunidade galega, comeza a introducirse e difundirse nos principais mercados. O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación oficial da marca turística da Comunidade Autónoma galega, Galicia, gárdasme o segredo?, que a partir de agora comercializará os valores turísticos galegos nos principais mercados. Galicia, gárdasme o segredo? é a síntese dun traballo de planificación, investigación e deseño realizado pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia ao longo dos últimos anos, que recolle e concentra os atributos intrínsecos do destino turístico nunha gráfica e un claim propios. Ao longo dos anos, a experiencia acumulada por Turgalicia no seu labor de promoción turística permitiu situar o destino Galicia nun dos primeiros postos do mercado español, de forma que a Comunidade galega é distinguida e apreciada polos visitantes e turistas como única, con valores propios e moi identificados dentro do conxunto xeral español. Dende a súa creación, no ano 1992, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia veu desenvolvendo un traballo sostido de posta en valor dos recursos turísticos galegos, tanto da costa como do interior, a través da creación, difusión e apoio á comercialización de produtos turísticos con personalidade propia que fosen conformando unha oferta galega orixinal e que poida ser recoñecida nos distintos mercados.. Unha forte aposta inicial polo Turismo de Natureza no medio rural permitiu consolidar a oferta de Turismo Rural de Galicia, valorada tanto pola calidade dos seus establecementos como pola diversidade dos mesmos. A organización dos variados recursos termais da Comunidade galega permitiu a creación do produto Galicia, auga de vida que concentrou e posibilitou a comercialización por primeira vez de toda a oferta de balnearios e spas galegos, e co que Galicia entrou a liderar a oferta de Turismo de Saúde de España. Hoxe este sector presenta as máis altas cotas de ocupación e capacidade para desestacionalizar a oferta galega de aloxamentos. Durante estes anos, TURGALICIA concentrou tamén boa parte dos seus esforzos en conformar unha oferta recoñecible e atractiva en canto a Turismo de Negocios. Novas infraestruturas para a celebración de congresos e reunións e a ampliación do número de hoteis nas principais cidades galegas, así como a combinación de establecementos e contornas con personalidade propia, permitiron traballar na creación dun produto recoñecible e situalo neste mercado tan específico como é o MICE (Meeting, Incentive, Congress and Events). A partir de agora, Galicia, gárdasme o segredo? será a marca turística da Comunidade galega e constituirá a base para a promoción futura do Turismo galego, que virará ao redor dos atributos desta. Campaña de publicidade Para difundir a marca do Turismo de Galicia e os seus valores, A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, xa puxo en marcha unha campaña de publicidade tanto no ámbito nacional como no galego. Esta campaña, resolta logo da convocatoria de outro concurso público o pasado mes de agosto, foi adxudicado á axencia coruñesa IDEA e conta cun plan de medios que abrangue spots en TV, insercións en prensa, cuñas de radio e presenza en Internet. A campaña desenvólvese entre os días 9 e 30 de decembro. Tamén está previsto que en 2011 se realicen dúas oleadas da mesma.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: