O PP DE SALCEDA DE CASELAS DENUNCIA A ACUMULACIÓN E QUEIMA DE LIXO NAS INMEDIACIÓN DO CDL DE TORRÓN

  • O lugar sufre unha situación de total abandono, convertido nun vertedoiro incontrolado
  • Os populares solicitan o cese do concelleiro de Medio Ambiente que xa representa e traballa polos intereses do seu partido e dos veciños doutro concello

Salceda de Caselas, 15 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas xa denunciara no seu momento o lamentable estado no que se atopan as inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Torrón. “O lixo e escombro que abunda ao redor deste edificio foi queimado a pasada semana provocando unha serie de inconvenientes a todos os veciños da zona, ademais do nefasto aspecto que transmite e a mala imaxe para o noso Concello”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do PP local. Eran múltiples os obxectos alí acumulados, converténdose nos últimos tempos nun vertedoiro incontrolado no que se depositaban incluso sofás e pneumáticos “que, ao seren queimados, provocaron unha enorme fumareda negra o que levou a que os veciños de alí preto presentasen dificultades ao respirar”.Neste sentido, os populares lémbralle ao bipartito que “incurren agora en aquilo que antes tanto criticaban; unha vez máis, que sinxelo é falar e que complexas son as cousas cando se ten responsabilidade de gobernar e xestionar”. Ademais, manifestan, unha vez máis, a necesidade de que o  concelleiro delegado de Medio Ambiente cese e se vaia do Goberno salcedense, “pois non é ético que esta xa representando aos veciños e aos socialistas tudenses e siga cobrando do Concello de Salceda de Caselas. Dende o Partido Popular respectamos a súa decisión de marcharse, pero o que non toleramos é que mentres sae na prensa como candidato á Alcaldía do concello veciño se nutra do diñeiro que sae dos petos de todos os salcedenses”,  conclúe Rodríguez Davila.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: