UNHA GUÍA EDITADA POLO ISSGA RECOLLE BOAS PRÁCTICAS PARA EVITAR RISCOS ENTRE OS PROFESIONAIS DO SECTOR ELÉCTRICO

  • A Asociación de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña, que colaborou nela, distribuirá a publicación entre as empresas deste eido  

Unha guía editada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) en colaboración coa Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña (Asinec) recolle un decálogo de boas prácticas para evitar riscos neste sector e asegurar unha actividade laboral máis segura. Os contidos da publicación son eminentemente prácticos na análise dos riscos e danos derivados do contacto coa electricidade na práctica da actividade laboral. A guía recompila os conceptos e medidas preventivas e ofrece pautas de actuación en situacións de emerxencia. Así o sinalou a directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja, no acto de presentación da publicación, á que asistiron representantes de entidades e asociacións profesionais do sector. A Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña encargarase de distribuír esta publicación entre as 350 empresas vinculadas a ela, que dan traballo a unhas 3.000 persoas. Tamén se repartirá entre as asociacións que forman parte da federación nacional, dado que é a primeira publicación que reúne os distintos conceptos relacionados con este eido de actividade e as recomendacións prácticas para facer máis segura a actividade laboral dos seus profesionais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: