Archive | diciembre 16, 2010

A Federación Veciñal trasládalle a Lucía Molares a súa demanda dunha Área Metropolitana sen duplicidades administrativas.

  • Insistíronlle á Delegada Territorial da Xunta en Vigo que a prioridade debe ser o Transporte Metropolitano Público e denunciaron o retraso na tramitación de axudas sociais de emerxencia.

Unha representación da Comisión Permanente da FAVEC mantivo esta mañá unha xuntanza coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares. O encontro, que fora solicitado hai dúas semanas polo colectivo veciñal, centrouse na proposta de Lei de Área Metropolitana presentada polo Goberno Galego. Leer Más…

A CONSELLERÍA DO MAR ESTÁ PREPARADA PARA O NOVO MÉTODO DE REFERENCIA PARA TOXINAS QUE ENTRARÁ EN VIGOR NO 2015

  • A directora do Intecmar, Covadonga Salgado, subliña que a Xunta foi previsora “e non alarmista” ao informar previamente ao sector do cambio e ao adquirir os aparellos que permiten desenvolver en Galicia o novo sistema  
  • Salgado cre que o cambio de método “é o primeiro paso para rebaixar os niveis de biotoxinas” o que sería prexudicial para o sector bateeiro
  • O secretario xeral, Francisco Vidal-Pardo, incide na necesidade de traballar en conxunto, Confraría e Administración, para erradicar o furtivismo na zona da Ría do Burgo
  • A Consellería do Mar introducirá melloras e novidades na normativa lexislativa das Confrarías Leer Más…

MATO RECLAMA AO MINISTRO DE TRABALLO QUE AS NOVAS MEDIDAS DE EMPREGO NON VAIAN EN DETRIMENTO DAS ARCASAUTONÓMICAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid na Conferencia Sectorial de Emprego
  • A titular do departamento autonómico defendeu que as comunidades teñan capacidade de decisión nas axencias de colocación privadas que vaian operar no seu territorio e destacou que o financiamento dos seus convenios deberá corresponder ao Goberno central
  • Indicou que o Goberno central non clarexou cal vai a ser a nova partida orzamentaria destinada a formación aos desempregados vinculada á desaparición do PRODI
  • Lembrou que unha das cuestións que está enriba da mesa é a urxente reforma das políticas activas de emprego, un asunto no que o Goberno galego xa está avanzando Leer Más…

BENESTAR OFRECEU SOLUCIÓNS PARA PALIAR OS PROBLEMAS ECONÓMICOS DAS CASAS DE ACOLLIDA DE ENFERMOS DE SIDA

  • A secretaria xeral de Familia e Benestar mantivo unha xuntanza a semana pasada cos responsables do Comité Antisida da Coruña, Ourense e Vigo
  • As entidades afectadas aínda non deron resposta aos requerimentos realizados pola Consellería para tentar mellorar a súa situación actual Leer Más…

– PROGRAMACIÓN NAVIDAD Corte Inglés de Vigo

MAÑANA VIERNES,  17 DICIEMBRE –  RECORRECENTROS Y  ESPECTÁCULO  INFANTIL
Recorrecentros:  Personajes navideños de animación recorren el centro e informan de los espectáculos Infantiles, con horario de 17:00 a 20:00 horas.
Leer Más…

PRESENTARÁ O PROXECTO DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO A INSTITUCIÓNS, COLECTIVOS E AXENTES SOCIAIS A VINDEIRA SEMANA

  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, será o encargado de realizar a presentación do proxecto a entidades de Vigo e a súa área.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Administración Local mantiveron hoxe un encontro coa Federación de Asociación de Veciños de Vigo “Eduardo Chao” para explicarlles o texto articulado.
  • O proxecto será aprobado polo Consello da Xunta no primeiro semestre do vindeiro ano 2011 e posteriormente debatido na Cámara galega.

TÉCNICOS DA COMARCA DE VIGO ASISTEN A UNHA XORNADA SOBRE AS COMPETENCIAS E RESPONSABILIDADES DOS CONCELLOS NA LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS

  • Mediante unha xornada, que está tendo lugar na EGAP, a Administración pretende recordar e aclarar as competencias dos concellos na aplicación da Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais en Galicia
  • Entre estas competencias está a limpeza dunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo de poboación, que é obriga do propietario e execución subsidiaria do concello, excluíndo a posibilidade de execución a través de convenios coa Xunta Leer Más…

O tenente de alcalde inaugurou a rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou en dous anos para rehabilitar o Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a remodelación da rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou nestes dous últimos anos dentro do proceso de rehabilitación do Casco Vello. O nacionalista destacou que coa reforma deste vial vertebrador da parte baixa do Casco Vello pódese comprobar que a transformación do barrio histórico de Vigo era un “obxectivo prioritario” e que é un feito o compromiso que adquiriu na súa recuparación. A mellora da rúa Alta contou cun investimento de 230.000 euros con cargo ao Plan Estatal para o Emprego. O tenente de alcalde explicou que ao igual que no resto dos viais reformados, actuouse no que se ve pero tamén no que non se ve “para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, nun total de 567 metros cadrados. Destacou que os propios veciños saben que era unha das rúas na que peor estaban os servizos, posto que se producían inundacións na parte baixa e o alumeado era practicamente nulo. O tenente de alcalde sinalou que o proxecto de reforma incluíu a mellora completa das redes de abastecemento e sumidoiros e o establecemento da rede separativa de augas, “que antes non existía”. Renovouse o alumeado público, impulsando a mellora da eficiencia enerxética e a redución do consumo. Respecto á pavimentación, Santi Domínguez indicou que se recuperaron todas as lousas de pedra que estaban en boas condicións. Ademais, instalouse o acceso ás redes de comunicación que, segundo comentou, eran inexistentes.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Accidente trágico de un vecino en Vigo.

Alrededor de las 11 de la mañana un vecino de Vigo  cayó desde su domicilio a la calle Progreso (esquina calle Lóriga). Comentarios diversos desde la policia local y cientifica, asi como los viandantes y comercios de la zona destacaron la posibilidad de un fatal  accidente. Investigamos la situación del vecino mayor de edad del que desconocemos su identidad, posiblemente por una fuente del edificio que estaba pasando momentos difíciles empresariales  e hipotecarios. Una persona poco conocidad en su comunidad vecinal. Lamentablemente este suceso empaña la visión global de la festividad navideña con el concepto de que muchas personas están pasando momentos  muy difíciles..

Estudiantes vigueses la otra cara de la educación

Ellos son Carla, Carlos, Anxo, Alejandro, André y Diego jóvenes estudiantes del colegio San Miguel de la calle Lóriga de Vigo. Jóvenes que están vizualizando su futuro en busca de una proyección laboral. A pesar de que esta mañana fueron testigos presenciales de un  gran suceso trágico de un vecino de la calle progreso. Ellos proyectan una mirada al horizonte esperanzador del futuro académico español.