A CONSELLERÍA DO MAR ESTÁ PREPARADA PARA O NOVO MÉTODO DE REFERENCIA PARA TOXINAS QUE ENTRARÁ EN VIGOR NO 2015

  • A directora do Intecmar, Covadonga Salgado, subliña que a Xunta foi previsora “e non alarmista” ao informar previamente ao sector do cambio e ao adquirir os aparellos que permiten desenvolver en Galicia o novo sistema  
  • Salgado cre que o cambio de método “é o primeiro paso para rebaixar os niveis de biotoxinas” o que sería prexudicial para o sector bateeiro
  • O secretario xeral, Francisco Vidal-Pardo, incide na necesidade de traballar en conxunto, Confraría e Administración, para erradicar o furtivismo na zona da Ría do Burgo
  • A Consellería do Mar introducirá melloras e novidades na normativa lexislativa das Confrarías

A Consellería do Mar “fixo os seus deberes” e está preparada para o novo de método de referencia para detectar toxinas lipofílicas nos productos mariños, que deberá usarse a partir do 31 de decembro de 2014. Así o afirmou a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, na comisión 8ª, na que lembrou que a Consellería “foi tildada de alarmista cando realmente foi previsora, xa que cumprimos co compromiso de transparencia ao informar ao sector do posible cambio, tal é como sucedeu”. Ademais, a Xunta xa adquiriu os equipos necesarios para traballar con esta metodoloxía -mediante cromatografía líquida- a pesar de que existe un período de convivencia dos dous métodos -o bioensaio en rato e o químico- de catro anos. A directora do Intecmar, que cualificou o novo método de “máis caro, máis lento e menos seguro” cre que “hai que estar preparados” porque este cambio pode ser “o primeiro paso” para a redución drástica dos límites legais das biotoxinas. “Isto implicaría, ademais das dificultades técnicas da súa determinación, un incremento moi elevado dos días de peche por episodios tóxicos, cun impacto económico no sector produtos de devastadoras consecuencias”, dixo. Salgado considera que o sistema actual funciona e que o cambio é innecesario, xa que o método vixente estase a empregar desde hai máis de dúas décadas en Galicia e en outros lugares do mundo sen que se producira un número relevante de intoxicacións nos consumidores. “Isto pon de manifesto que o método funciona e os límites son adecuados”, dixo. No obstante, avisou da importancia de traballar en novas estratexias produtoras e de comercialización, xa que “a partir de agora será mais caro producir moluscos en Europa sen que isto signifique un maior nivel de seguridade alimentaria, coa conseguinte perda de competitividade”.

 Máis implicación para erradicar o furtivismo na Coruña

Pola súa banda, o secretario xeral, Francisco Vidal-Pardo Pardo, defendeu as declaracións que o pasado mes de agosto fixera o subdirector de gardacostas, Lino Sexto, nas que pedira “mais implicación” á Confraría da Coruña para erradicar o furtivismo. O secretario xeral subliñou que a colaboración activa entre gardacostas e gardapescas “é fundamental para combater esta actividade ilegal e funciona no resto de confrarías galegas”. O secretario xeral sostivo que os 5 vixiantes que ten contratados a confraría coruñesa presentaron no que vai de 2010, 7 actas que de deron lugar a expediente de infracción e comparounas coas 90 que presentaron a confraría de Rianxo, que conta cos mesmo efectivos, no mesmo período un 93% máis. Como referencia, tamén sinalou que as actas presentadas na Coruña só supoñen o 5% do total da provincia, na que se levan instruídos 135 expedientes como resultado das actas dos gardapescas “a pesar de ser unha das zonas –a Ría do Burgo- con maior presenza de furtivos”.

Funcionamento e operatividade das Confrarías na nova Lei de Pesca

No que respecta á lexislación vixente en materia de Confrarías, o secretario xeral afirmou que o sistema actual garante a súa democracia. Non obstante, asegurou que a Consellería está a dar os pasos necesarios para dar cumprimento á Lei de Pesca aprobada o pasado ano  que “lle devolve a primeira división lexislativa ás confrarías, ao introducir unha serie de melloras e novidades”. A liña a seguir, segundo contou Vidal-Pardo, “será asegurar que as confrarías se poidan adaptar aos novos requirimentos da actividade económica e que sexan capaces de fortalecer a xestión comercial”. Así, no que respecta ao capítulo que recolle o réxime orzamentario, Vidal-Pardo explicou que “a premisa é a transparencia contable, de cara a garantir o seu control interno e externo”. “Regúlase con detalle o seu patrimonio, os seus recursos económicos e as contas anuais que deberán reflectir, con claridade e exactitude a actividade económica do pósito”, dixo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: