A Federación Veciñal trasládalle a Lucía Molares a súa demanda dunha Área Metropolitana sen duplicidades administrativas.

  • Insistíronlle á Delegada Territorial da Xunta en Vigo que a prioridade debe ser o Transporte Metropolitano Público e denunciaron o retraso na tramitación de axudas sociais de emerxencia.

Unha representación da Comisión Permanente da FAVEC mantivo esta mañá unha xuntanza coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares. O encontro, que fora solicitado hai dúas semanas polo colectivo veciñal, centrouse na proposta de Lei de Área Metropolitana presentada polo Goberno Galego. A Delegada Territorial presentou aos dirixentes da Federación Veciñal as liñas mestras dese proxecto, e convidou formalmente á entidade a participar da súa presentación oficial o vindeiro martes polo Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Pola súa banda a FAVEC tras amosar o seu apoio ao desenvolvemento da área metropolitana de Vigo, tal e como historicamente defendeu, trasladoulle a Lucía Molares a súa demanda de que a futura Área Metropolitana sexa un ámbito útil que evite duplicidades de carácter administrativo. Queremos unha Área Metropolitana que sirva para mellorar a calidade de vida e desenvolvemento de Vigo e a súa área de influencia, non queremos unha nova estrutura burocrática que duplique servizos doutras administracións” afirmaron, sinalando que nese sentido a área metropolitana debe provocar un reaxuste competencial das diferentes administracións. Insistiuse tamén, por parte dos portavoces da Federación Veciñal, en que a primeira prioridade debe ser a creación dun servizo de Transporte Metropolitano público e integral, que se asente na intermodalidade, xa que é a principal demanda social neste eido. Así mesmo instaron a que na futura Área Metropolitana se constitúan organismos de carácter consultivo que vehiculen a participación das organizacións sociais representativas, nomeadamente o movemento veciñal.

 RETRASO NA TRAMITACIÓN DE AXUDAS SOCIAIS DE EMERXENCIA

Aproveitando a xuntanza, a representación da FAVEC transmitiulle á Delegada da Xunta a súa preocupación polo retraso e tardanza na tramitación (de até catro meses) das axudas sociais de emerxencia dependentes da Xunta de Galicia, o que provoca situacións sociais dramáticas nas familias máis necesitadas, sobre todo no actual marco de crise. A Federación Veciñal reclamoulle a Molares que se axilicen ao máximo todos os mecanismos administrativos que teñan a ver con axudas sociais. Non é admisíbel que ao peso da crise e da situación de desemprego lle sumemos ás familias traballadoras a carga dunha burocracia excesiva e incomprensíbel” declararon.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: