BENESTAR OFRECEU SOLUCIÓNS PARA PALIAR OS PROBLEMAS ECONÓMICOS DAS CASAS DE ACOLLIDA DE ENFERMOS DE SIDA

  • A secretaria xeral de Familia e Benestar mantivo unha xuntanza a semana pasada cos responsables do Comité Antisida da Coruña, Ourense e Vigo
  • As entidades afectadas aínda non deron resposta aos requerimentos realizados pola Consellería para tentar mellorar a súa situación actual

 A Consellería de Traballo e Benestar ten iniciado a busca de solucións para paliar os problemas económicos das casas de acollida de enfermos de sida coas entidades afectadas. Nunha xuntanza mantida a semana pasada, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, comprometeu o apoio do seu departamento aos representantes do Comité Antisida da Coruña, Ourense e Vigo, que, polo de agora non deron resposta aos requerimentos da Administración galega. En concreto, a titular de Familia e Benestar propuxo a estas asociacións varias posibilidades para o establecemento dun complemento que mellore a súa situación financeira este exercicio. Así mesmo, avanzoulles que a Consellería manterá en 2011 o mesmo esforzo orzamentario nas achegas dirixidas a entidades de iniciativa social. A  Administración galega vén mantendo unha liña de colaboración estable co Comité Antisida da Coruña, Ourense e Vigo a través das ordes de subvencións que se aproban cada ano e cuxa concesión realízase en réxime de concorrencia competitiva. Non obstante, hai que clarexar que é falso que teñan percibido dun modo regulado axudas de 55 euros por persoa e praza, dado que nunca existiu un acordo formal ao respecto. De ter existido un consenso neste sentido, a Administración galega estaría a incorrer nunha ilegalidade ao vincular de antemán a determinadas entidades os créditos previstos para un exercicio concreto e faltar ao principio de concorrencia competitiva. As comisións de valoración de cada provincia decidiron as resolucións das subvencións en función do volume de entidades solicitantes, as súas necesidades, crédito dispoñible, puntuación e importe económico das axudas concedidas. Nalgúns casos, coma o de Ourense, as inspeccións realizadas en centros de acollida subvencionados permitiron comprobar que o número de usuarios existentes durante a visita era inferior ao previsto na solicitude. En total, estas tres entidades veñen de recibir este ano un total de 310.840 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: