JAVIER GUERRA REAFIRMA O COMPROMISO DE GALICIA COAS RENOVABLES NA PRESENTACIÓN DOS RESULTADOS DO PROXECTO DEMOSTRATIVO DE ENERXÍA XEOTÉRMICA NA BIBILIOTECA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

  • A Xunta investiu un millón de euros no proxecto para a instalación de bombas de calor en centros de usos sociais
  • O emprego desta enerxía permite importantes aforros tanto no consumo enerxético coma nas emisións de CO2
  • A redución de emisións de CO2 chegou ao 85% na Biblioteca da Universidade de Vigo, cumprindo coas recomendacións máis estritas da UE
  • Guerra reitera o obxectivo de chegar a producir mais do 95% da electricidade con fontes renovables no ano 2015
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe os resultados obtidos coa instalación de bombas de calor xeotérmicas na Biblioteca da Universidade de Vigo, unha das actuacións recollidas no proxecto demostrativo para a utilización da enerxía xeotérmica, financiado pola Consellería de Economía e Industria cun millón de euros. A Xunta ten levado a cabo este proxecto demostrativo, en colaboración co Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (Energylab), co que tamén desenvolveu actuacións na Escola Infantil de Baiona, a Escola Infantil de Nigrán e o Centro de Día e a Escola Infantil de As Neves, ademais de ultimar a monitorización dos resultados nun edificio de vivendas de Ribadumia. Guerra explicou que o caso da Biblioteca da Universidade de Vigo é especialmente significativo, xa que se acadou unha mellora do rendemento económico e enerxético da instalación cun aforro económico do 48% e enerxético do 55%. Ademais, a redución de emisións de CO2 chegou até o 85%, cunha considerable mellora na regulación do sistema de climatización e do seu rendemento, “cumprindo coas recomendacións máis estritas da Unión Europea”. Ao abeiro deste programa, na Biblioteca Central do Campus da Universidade de Vigo, instalouse un sistema de bombas de calor xeotérmicas con captación en circuíto pechado, para dar cobertura á demanda de calefacción e refrixeración da biblioteca, que conta cunha superficie de 3.300 m2 . Guerra lembrou, na súa visita, a importancia que ten para o Executivo galego o uso e desenvolvemento das enerxías renovables. Por este motivo, asegurou que a Xunta ten en marcha distintos programas de apoio á xeotermia, así como unha normativa que facilitará o seu desenvolvemento. “O noso obxectivo é chegar a producir máis do 95% da electricidade con fontes renovables no ano 2015”, engadiu. Segundo Guerra, “o Goberno galego defende o uso e desenvolvemento das enerxías limpas porque a explotación de fontes renovables é rendible e supón unha garantía de futuro para o desenvolvemento de Galicia”, de xeito que desde a Xunta considérase fundamental “poñer en marcha proxectos capaces de facer extensibles as vantaxes derivadas da explotación da enerxía xeotérmica a toda a sociedade galega, posto que poden acadarse aforros enerxéticos de até o 70%”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: