MATO RECLAMA AO MINISTRO DE TRABALLO QUE AS NOVAS MEDIDAS DE EMPREGO NON VAIAN EN DETRIMENTO DAS ARCASAUTONÓMICAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid na Conferencia Sectorial de Emprego
  • A titular do departamento autonómico defendeu que as comunidades teñan capacidade de decisión nas axencias de colocación privadas que vaian operar no seu territorio e destacou que o financiamento dos seus convenios deberá corresponder ao Goberno central
  • Indicou que o Goberno central non clarexou cal vai a ser a nova partida orzamentaria destinada a formación aos desempregados vinculada á desaparición do PRODI
  • Lembrou que unha das cuestións que está enriba da mesa é a urxente reforma das políticas activas de emprego, un asunto no que o Goberno galego xa está avanzando

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reclamou hoxe na Conferencia Sectorial de Emprego, ante o titular do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Valeriano Gómez, que as novas medidas propostas polo Goberno central en materia de emprego non vaian en detrimento das arcas autonómicas. Neste sentido, demandou que non se poñan en marcha sen acordo novas medidas en materia de emprego que afecten ás comunidades autónomas e aos seus orzamentos. Como exemplos, citou o decreto que regulará as axencias privadas de colocación e a intermediación en colaboración cos servizos públicos de emprego das comunidades autónomas, que se debateu hoxe na orde do día. Tamén apuntou á última proposta de substituír a eliminación do PRODI por formación de desempregados, sen que o Goberno central teña proposto un incremento desta partida. Precisamente sobre a eliminación da prestación dos 426 euros, Mato lamentou tamén que estas novas medidas anunciadas polo Goberno central“confirmen a improvisación” coa que o Executivo estatal está a actuar nas súas reformas. Insistiu en que o Goberno autonómico está “expectante” por coñecer cómo se desenvolverá esta substitución do PRODI por formación, tendo en conta que é a Xunta a encargada de executar as políticas activas de emprego, entre as que se conta a formación. Ao respecto, explicou máis polo miúdo que o Executivo central, ata o momento, non ten concretado  ningunha partida orzamentaria a maiores que complemente o orzamento que xa teñen as autonomías para este apartado, polo que, ata o de agora, descoñécese como se vai financiar esta nova medida. Xa no que se refire propiamente á orde do día sobre o decreto das axencias privadas de colocación, Mato defendeu a aposta da Xunta polo modelo de intermediación pública, tal e como se recolle no marco do Diálogo Social de Galicia, así como a necesidade de mellorar os índices rexistrados polo servizos de emprego autonómicos. Neste eido, a titular do departamento autonómico demandou garantías para que a entrada destas novas entidades non afecten de xeito negativo aos mecanismos de intermediación públicos. Por elo, avogou por que as comunidades teñan capacidade de decisión respecto ás autorizacións das axencias de colocación privadas que vaian operar en máis dunha autonomía. Así mesmo, considerou que o financiamento dos convenios coas novas entidades deberá corresponder ao Goberno central e non restar fondos ás administracións autonómicas. Nesta liña, a conselleira coincidiu, ademais, cos axentes sociais ao reclamar que se regulen outros tipos de intermediación como os portais de emprego existentes en Internet e incidiu na relevancia de coidar o tratamento dos ficheiros de datos dos demandantes de emprego.  110 orientadores laborais mais para Galicia  Por outra banda, Mato avanzou que a comunidade galega disporá de financiamento para 110 promotores de emprego máis, que desenvolverán este labor entre o 1 de febreiro do ano que vén e o 31 de decembro de 2012. A súa actividade sumaríase á dos 109 orientadores laborais que xa traballan en Galicia e que o continuarán facendo ata finais de 2012, despois de que o departamento de Valeriano Gómez prorrogase o financiamento para manter o seu contrato. A titular de Traballo e Benestar interpretou que a medida reforzará os medios humanos cos que contan as oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Os novos efectivos atenderán a persoas desempregadas e realizarán labores de información ás empresas, unha actuación que xa desenvolvían na comunidade os orientadores de emprego subvencionados pola Xunta. Ademais destes asuntos, Mato lembrou que aínda queda pendente de tratar a cuestión da reforma das políticas activas de emprego, que se debe abordar “o antes posible”. Neste sentido, fixo fincapé en que a Xunta xa leva avanzado o seu traballo neste punto, en concreto, cara unha formación de “maior calidade” e que garante a certificación profesional.

 Reforma das pensións

Por outra banda, e ante preguntas dos medios de comunicación, a conselleira avogou por que a ampliación da idade de xubilación “debería continuar sendo algo voluntario”, sobre todo, explicou, se se teñen en conta as dificultades que pode ter unha persoa de maior idade para desenvolver determinadas profesións. Con todo, valorou como “positivo” o inicio de acordo nalgún dos puntos ao que se chegou no seo do Pacto de Toledo, xa que considerou que o “camiño do consenso é a vía a seguir”. Pero, ademais, quixo facer fincapé na necesidade de que este consenso se estenda tamén aos axentes económicos e sociais, un acordo que cualificou de “fundamental”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: