O tenente de alcalde inaugurou a rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou en dous anos para rehabilitar o Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a remodelación da rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou nestes dous últimos anos dentro do proceso de rehabilitación do Casco Vello. O nacionalista destacou que coa reforma deste vial vertebrador da parte baixa do Casco Vello pódese comprobar que a transformación do barrio histórico de Vigo era un “obxectivo prioritario” e que é un feito o compromiso que adquiriu na súa recuparación. A mellora da rúa Alta contou cun investimento de 230.000 euros con cargo ao Plan Estatal para o Emprego. O tenente de alcalde explicou que ao igual que no resto dos viais reformados, actuouse no que se ve pero tamén no que non se ve “para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, nun total de 567 metros cadrados. Destacou que os propios veciños saben que era unha das rúas na que peor estaban os servizos, posto que se producían inundacións na parte baixa e o alumeado era practicamente nulo. O tenente de alcalde sinalou que o proxecto de reforma incluíu a mellora completa das redes de abastecemento e sumidoiros e o establecemento da rede separativa de augas, “que antes non existía”. Renovouse o alumeado público, impulsando a mellora da eficiencia enerxética e a redución do consumo. Respecto á pavimentación, Santi Domínguez indicou que se recuperaron todas as lousas de pedra que estaban en boas condicións. Ademais, instalouse o acceso ás redes de comunicación que, segundo comentou, eran inexistentes.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: