TÉCNICOS DA COMARCA DE VIGO ASISTEN A UNHA XORNADA SOBRE AS COMPETENCIAS E RESPONSABILIDADES DOS CONCELLOS NA LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS

  • Mediante unha xornada, que está tendo lugar na EGAP, a Administración pretende recordar e aclarar as competencias dos concellos na aplicación da Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais en Galicia
  • Entre estas competencias está a limpeza dunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo de poboación, que é obriga do propietario e execución subsidiaria do concello, excluíndo a posibilidade de execución a través de convenios coa Xunta

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, realiza hoxe unha xornada sobre as competencias da Administración Local na aplicación da Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais en Galicia (Lei 3/ 2007 do 9 de abril). Ao seminario asisten técnicos, enxeñeiros e responsables dos concellos da Comarca de Vigo xunto a outros representantes dos diferentes municipios de Galicia. A xornada, que está tendo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e cofinanciada por fondos europeos FEADER, ten por obxecto explicar aos entes locais as competencia e obrigas que contempla o réxime xurídico en materia de prevención, defensa e extinción dos incendios forestais de Galicia. Así o aclararon na inauguración da xornada o director da EGAP, Pablo Figueiroa, quen especificou que “se ben nesta problemática é importante a labor de toda a cidadanía, resulta esencial a actividade coordinada das diversas Administracións implicadas”, e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, quen facía fincapé na “intensa labor en prevención que agora empeza a dar os seus froitos”. Neste sentido, Figueroa destacou que as xornadas que están desenvolvendo na EGAP, ademais de difundir a normativa actual nesta materia, servirán para plantear os problemas existentes e apuntar as súas posibles solucións, especialmente nos núcleos rurais, que son os que mais sofren esta problemática. A Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia indica, na súa exposición de motivos, que nos últimos anos produciuse unha crecente proliferación de incendios na zona urbana-forestal, é dicir, nas áreas que abarcan o perímetro común entre os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados (en total 31.550 núcleos de poboación, que supoñen o 50% do total no territorio español). A lei recoñece a necesidade de adoptar, a curto prazo, actuacións que controlen a biomasa vexetal con alto poder combustible nas proximidades dos núcleos de poboación, das infraestruturas, vías de comunicación e equipamentos sociais, asegurando a súa retirada a través da obriga das persoas titulares ou, no seu caso, por parte das administracións públicas a través de procedementos áxiles, con cargo aos responsables.

 Cien metros

Así, no caso das franxas de 100 metros arredor de calquera núcleo de poboación (edificacións, urbanizacións, recolledores de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais) situadas a menos de 400 metros do monte, os propietarios ou arrendatarios deberán realizar o control da vexetación, e eliminar as árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da lei nos primeiros 50 metros. En caso de incumprimento, os entes locais poderán notificar aos responsables a súa obriga, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento. A Lei establece a obriga da realización polo propietario e a execución subsidiaria polo concello, trasladando os custos aos propietarios. Exclúe, polo tanto, a posibilidade de execución polos concellos de xeito directo ou a través de convenios coa Xunta de Galicia.

Autoestradas

A función de control e execución subsidiaria é competencia do departamento que dirixe Samuel Juárez nos casos das autoestradas, autovías, vías de alta capacidade e estradas, na rede ferroviaria, nas liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, e nas vías e camiños forestais.

 Terreos de propiedade municipal

É competencia municipal é adoptar medidas de prevención de incendios nos terreos de propiedade municipal e nas franxas laterais das redes viarias da súa titularidade. Nesta responsabilidade de execución directa si é posible a posta en marcha de convenios de colaboración coa Xunta de Galicia, e anualmente execútanse con cargo aos mesmos uns 45.000 quilómetros de limpeza de marxes. Os concellos deben elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais e integralos nos plans de emerxencia municipais, conforme ao previsto na lexislación galega de emerxencias.

 Relatores

Nesta xornada participan diversos expertos relatores na materia: José Carlos Costas, subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais; Borja Verea, subdirector xeral de Réxime Xurídico Local; Álvaro García, fiscal de Medio Ambiente de Galicia; José Norberto Uzal, director xeral da Administración Local; Juan Raposo, profesor da Universidade da Coruña; Perfecto Rodríguez, vicepresidente primeira da FEGAMP e alcalde de Ponte Caldelas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: