Archive | diciembre 17, 2010

Acto sobre a lei de augas en Tui

 

convocatoria para o acto sobre a lei de augas que se celebrará
este sábado día 18 ás 20h. na Sala Félix Rodríguez de Tui coa presenza
de Henrique Viéitez, deputado do BNG no Parlamento Galego.

ENTREGA DE SUBVENCIÓNS ÓS PARTICIPANTES NA COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL

Acto de entrega das colaboracións económicas que concede a Deputación de Pontevedra cun importe total de 70.000 euros ós clubs da provincia que participaron na IV Copa Deputación de Fútbol na temporada 2009-2010. Participaron un total de 31 equipos procedentes de  O Grove, Nigrán, PontevedraB, Pontecaldelas, Lalín, Cambados, Gran Peña, Cuntis, Caselas, Dorrón, Porriño, Coruxo, Atios, Bouzas, Ribadumia, Sanxenxo, Cruceiro, Vilalonga, Arosa, Bahía, Castrelos, Alondras, Arbo, Choco, Marín, Portonovo, Moaña, Areas, Pontellas e Céltiga. O equipo vencedor deste ano foi o Coruxo, que se enfrontou na final ao Alondras de Cangas. O finalista, o Alondras, recibe 4.000 euros, mentres que o campión, o Coruxo, 6.000 euros.

 

FERNÁNDEZ CURRÁS AFIRMA QUE JOSÉ LUIS PEGO CONVERTERÁ A NOVACAIXAGALICIA NUNHA INSTITUCIÓN FUNDAMENTAL NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL DE GALICIA

 A conselleira de Facenda entregoulle ao director de Novacaixagalicia o Premio Economista do Ano, concedido polo Colexio de Economistas de Pontevedra   Salienta que a caixa galega saberá compaxinar os ambiciosos obxectivos do seu Plan de Negocio cuns principios de xestión responsable e de sensibilidade territorial. Reclama sensatez porque lembra que nin hai tres anos eramos os mellores nin agora somos os peores nun contexto sen solución Cre imprescindible para as administración públicas, para o sistema financeiro e para o resto de sector empresarial gañar novamente unha credibilidade internacional. Así o subliñou durante a entrega do Premio Economista do Ano, outorgado a José Luis Pego polo Colexio de Economistas de Pontevedra, Leer Más…

MÁIS DE 800 PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN 0-3 DE TODA GALICIA PARTICIPAN MAÑÁ EN SANTIAGO NUNHA XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA REDE A GALIÑA AZUL

  • O encontro contará coa presencia de dous expertos internacionais na materia
  • Será inaugurado polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

  O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela acolle mañá sábado o “I Encontro de profesionais da educación infantil 0-3: Respostando ás necesidades da infancia e das familias”. A xornada, que será inaugurada ás 9,30 horas polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, contará coa presencia de dous expertos do ámbito da educación no 0-3 a nivel internacional, Vicenç Arnaiz Sancho e Battista Quinto Borghi, e do decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Lois Ferradás. Vicenç Arnaiz, psicólogo, especialista en psicomotricidade e presidente do Observatori da Infancia de Menorca, impartirá ás 10,00 horas a lección de apertura “A educación da primeira infancia perante as novas necesidades das familias e das nenas e nenos”. Leer Más…

OS ONCE VOLUNTARIOS EUROPEOS DO CAMIÑO FRANCÉS REMATAN HOXE O SEU TRABALLO CUNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS NA PRAZA DO OBRADOIRO

  • Os participantes no “Walking Together”, procedentes de 10 países diferentes, estiveron desempeñando o seu labor en albergues de tres comunidades autónomas: Galicia, Castela e León e a Rioxa
  • Este proxecto foi a continuación do “Eu Camiño”, no que participaron 30 mozos europeos en albergues de Galicia
  • Os voluntarios estarán hoxe na praza do Obradoiro desde as 17,00 horas e ata as 21,00 horas explicando en que consistiu o seu voluntariado. Leer Más…

Novacaixagalicia organiza esta fin de semana a gran final do Festival de panxoliñas

Participarán as 11 corais seleccionadas nas fases previas do certame   As 11 corais seleccionadas na fase previa do Festival de panxoliñas que organiza Novacaixagalicia nas cidades de Vigo e A Coruña participarán esta fin de semana na gran final do certame, que se realizará o sábado na cidade olívica, no centro cultural da entidade financeira, e o domingo 19 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Ambas as citas serán ás 19.00 horas.

O alcalde finaliza cunha lectura de Martín Códax o recital literario cidadá que inaugurou a humanización de Policarpo Sanz

Unha quincena de cidadáns deron lectura este venres a unha serie de textos literarios vencellados con Vigo, recintal que rematou Abel Caballero coas Cantigas de Martín Códax e que serviu para abrir a humanización de Policarpo Sanz. O grupo Troula animou a visita á rúa coa percusión. O alcalde salientou que “estou convencido de que, hoxe, esta é a verdadeira milla de ouro de Europa” e agradeceu o esforzo da empresa, arquitectos, traballadores, veciños e comerciantes da zona.
O alcalde de Vigo subliñou que “estamos diante dunha humanización fóra de serie, seguramente única en calquera cidade de España e de Europa” e apuntou que “estou convencido de que, hoxe, esta é a verdadeira milla de ouro de Europa”. “Esta é unha rúa para ser vivida”, concluíu. “Noraboa a todo Vigo e agora toca disfrutar”.  “Vigo é agora a cidade de ouro de Europa”, explicou Caballero quen felicitou á empresa e ao seu responsable, Eloy García, personalmente polo seu “esforzo profesional e persoal importantísimo”. “Son consciente do traballo persoal e do seu entusiasmo persoal para que esta rúa sexa inigualable”, aseverou. O alcalde felicitou igualmente aos concelleiros de Parques e Xardíns, Raquel Días, e de Distritos, Ángel Rivas, polo seu empeño persoal no deseño da superficie ao traballadores e arquitectos implicados na obra. Tamén se disculpou cos veciños e comerciantes polas molestias causadas durante os 30 meses de duración da obra.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

PORRIÑO CELEBRA MAÑANA UNA JORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE EL ABANDONO DE ANIMALES Y LA ADOPCIÓN RESPONSABLE DE MASCOTAS

Todos los interesados podrán acercarse, de 11.00 a 13.30 horas, a la plaza Arquitecto Antonio Palacios en donde se instalará una mesa informativa y de acogida, se realizarán una serie de talleres de sensibilización para la adopción y habrá una exhibición canina por parte de los bomberos de Porriño
La iniciativa, con el lema “Adopta un amig@, adopta una mascota”, parte de las concejalías de Educación y de Medio Ambiente, dirigidas por Ana Martínez y Rosa Morais, respectivamente, y cuenta con la colaboración de la Asociación Protectora de Animales de Porriño (ASPAP

Traballadores/as das ambulancias percorren o centro de Vigo en caravana para rexeitar o decreto do transporte

A protesta, que causou retencións, foi interrompida tras multar a Policía Local a media ducia de vehículos dos 20 participantes

Os traballadores/as do sector das ambulancias continuaron hoxe coas súas protestas para denunciar que o novo decreto do transporte afectará á calidade do servizo, ademais dos custes laborais que suporá a súa entrada en vigor. A mobilización consistiu nunha caravana de coches que percorreu o centro de Vigo até que a Policía Local multou a media ducia deles por facer soar as súas bucinas e ameazou con estender as sancións aos máis de 20 vehículos participantes no caso de que non disolvesen a protesta. A marcha partiu do aparcamento da tenda deportiva Decathlon, nas proximidades do hospital Meixoeiro, arredor das 11 da mañá para a continuación percorrer a Avenida de Madrid, Praza de España e Gran Vía. Foi á altura do Concello cando os axentes interceptaron aos vehículos para sancionar aos seus propietarios. Leer Más…

FEIJÓO DESTACA A AXENDA DIXITAL DE GALICIA 2014.GAL COMO “UNHA OPORTUNIDADE ECONÓMICA E SOCIAL PARA SAÍR VIGOROSOS DA CRISE”

O presidente da Xunta destacou, esta tarde, no I Encontro de empresarios do sector TIC, que “Galicia ten asumido o compromiso da posta en marcha dunha axenda dixital que faga da tecnoloxía un dos motores da próxima década”

Subliña que 2014.gal está dotado con máis de 900 millóns de euros que xerarán un investimento total de 1.600 millóns e máis de 12.000 empregos ata 2014

  • Lembra que unha das primeiras decisión do Goberno galego foi a posta en marcha do Plan de Banda Larga para garantir o acceso a Internet de todos os galegos, e especialmente no rural
  • Sostén que os beneficios da Administración electrónica son claros: “un aforro de millóns de horas no tempo que os galegos dedican cada ano a realizar trámites, así como quilos de papel e millóns de euros que custan estas xestións aos cidadáns e á Administración”
  • Destaca que co proxecto Abalar as novas tecnoloxías converteranse nun instrumento ao servizo da comunidade educativa e di que o 98% da poboación galega xa se beneficia da Historia Clínica electrónica
  • Recorda que o Plan Senda 2014 ten como obxectivo implantar en Galicia o Expediente Xudicial Dixital e avanzar na integración das tecnoloxías da información na Administración de Xustiza