Archive | diciembre 18, 2010

A CRTVG debe aumentar as prazas da OPE

O SXG advírte que a convocatoria pode ser aproveitada para un ERE encuberto

A CRTVG debe aumentar as prazas da OPE
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia que as 195 prazas da recente Oferta de Emprego Público (OPE) da CRTVG son insuficiente. O SXG reclama como mínimo a convocatoria das 220 prazas acordadas no seu día entre a dirección da CRTVG e o Comité de Empresa. Esta é unha das conclusións do novo decálogo sobre a OPE elaborado polo o SXG na CRTVG ao fío das polémica política de recursos humanos do Ente. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A 26 EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA OFEITOAMÁN

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá no acto de inauguración desta feira de venda directa que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • A Consellería inviste un total de 12.000 euros na organización de Ofeitoamán, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns e considerada a feira de artesanía máis relevante do Nadal en Galicia.

 

Vigo, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria impulsa a celebración da 26 edición da feira de artesanía Ofeitoamán, que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro, a través dun investimento de 12.000 euros. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta feira de venda directa, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, que está considerada como o encontro de artesáns máis relevante do Nadal galego.

Durante a súa intervención, Nava Castro, cualificou a feira como un “atractivo escaparate da artesanía que se realiza hoxe en día en Galicia e unha canle de distribución fundamental para as pezas que se integran na marca Artesanía de Galicia”. A directora xeral de Comercio destacou o compromiso da Consellería de Economía e Industria co sector artesán galego e fixo unha valoración das iniciativas impulsadas polo goberno galego en materia de artesanía durante o ano 2010.

Deste xeito, destacou actuacións relacionadas coa formación especializada dos artesáns galegos, a aposta pola introdución do produto artesán galego en mercados internacionais a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras de recoñecido prestixio, a divulgación dos oficios artesanais e a consolidación da marca como identificativo único e garantía de calidade. Ofeitoamán é unha das feiras máis relevantes das que se celebran ao longo do ano en Galicia, tanto en número de expositores como en afluencia de público e vendas, así como a máis importantes das que se celebran no inverno, polo que se está a consolidar como un encontro de referencia da artesanía galega e unha cita imprescindible para o Nadal de Vigo e da súa comarca. Leer Más…

O BNG esixe que os orzamentos da Xunta teñan en conta ao Baixo Miño

O Responsábel Comarcal do BNG -Xosé Manuel Méndez- indicou que proxectosmoi relevantes para a comarca quedan agora abandonados polo goberno do PP. A deputada do BNG Carme Adán trasladou aos medios de comunicación as propostas que vai incluír o BNG no debate dos orzamentos que afectan á Comarca do Baixo-Miño. A deputada nacionalista asegurou que os orzamentos presentados pola Xunta do Partido Popular son os Orzamentos dos recortes sociais e da falta de estratexia para combater a crise e o desemprego. O goberno do PP non actúa -dixo- e sitúase diante da crise como un mero espectador. De non seren modificados na tramitación parlamentar estes orzamentos van agravar o desemprego, van desmantelarse os servizos públicos e vaise incrementar a pobreza e as desigualdades. Leer Más…

LOS COMERCIANTES DE PORRIÑO SORTEAN ESTA NAVIDAD CHEQUES DE COMPRA POR VALOR DE 2.500 EUROS

Marcelino Coto, concejal de Comercio; Juana Pérez, presidenta de ACIPOR y el cómico David Amor presentaron esta mañana la campaña de Navidad que además de premios en metálico incluye un concurso de dibujos para los más pequeños y la actuación de rondallas  Leer Más…