A CRTVG debe aumentar as prazas da OPE

O SXG advírte que a convocatoria pode ser aproveitada para un ERE encuberto

A CRTVG debe aumentar as prazas da OPE
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia que as 195 prazas da recente Oferta de Emprego Público (OPE) da CRTVG son insuficiente. O SXG reclama como mínimo a convocatoria das 220 prazas acordadas no seu día entre a dirección da CRTVG e o Comité de Empresa. Esta é unha das conclusións do novo decálogo sobre a OPE elaborado polo o SXG na CRTVG ao fío das polémica política de recursos humanos do Ente.

Ere encuberto

O SXG advírtelle á dirección que esta convocatoria non debe acarrear, en ningún caso, a supresión dos postos de traballo estruturais en San Marcos que non están cubertos pola actual OPE. É dicir, esta OPE non debe ser aproveitada pola dirección da empresa para un ERE encuberto despedindo aos asalariados que, non quitando praza, sen embargo o seu posto de traballo si sexa necesario e estrutural.

Apoio aos despedidos nas delegacións

O Sindicato volve a mostrar o seu apoio aos 50 traballadores recentemente despedidos nas delegacións da TVG. O SXG considera imprescindíbel que, ademais desta convocatoria, a dirección solucione canto antes os preitos pendentes e aprobe nun prazo razoábel unha nova convocatoria na que se inclúan tanto as prazas que se acaban de crear nas delegacións como os novos postos estruturais que se crearon na sede central da CRTVG en San Marcos nos últimos anos. En canto ao sistema para a convocatoria de prazas, o SXG decántase pola modalidade de concurso-oposición, aberto aos profesionais doutros medios. A experiencia profesional debería puntuar en todos os casos, aínda que maior se foi na CRTVG. En todo caso, a parte do concurso debe puntuar como máximo un 45%.

Galego

Por último, en opinión do SXG o coñecemento da lingua galega debería ser unha proba obrigatoria para todas as prazas e eliminatoria para aquelas categorías profesionais con maior proxección pública: presentadores/as, redactoras/es; locutores/as; productores/as…etc.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: