ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A 26 EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA OFEITOAMÁN

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá no acto de inauguración desta feira de venda directa que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • A Consellería inviste un total de 12.000 euros na organización de Ofeitoamán, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns e considerada a feira de artesanía máis relevante do Nadal en Galicia.

 

Vigo, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria impulsa a celebración da 26 edición da feira de artesanía Ofeitoamán, que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro, a través dun investimento de 12.000 euros. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta feira de venda directa, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, que está considerada como o encontro de artesáns máis relevante do Nadal galego.

Durante a súa intervención, Nava Castro, cualificou a feira como un “atractivo escaparate da artesanía que se realiza hoxe en día en Galicia e unha canle de distribución fundamental para as pezas que se integran na marca Artesanía de Galicia”. A directora xeral de Comercio destacou o compromiso da Consellería de Economía e Industria co sector artesán galego e fixo unha valoración das iniciativas impulsadas polo goberno galego en materia de artesanía durante o ano 2010.

Deste xeito, destacou actuacións relacionadas coa formación especializada dos artesáns galegos, a aposta pola introdución do produto artesán galego en mercados internacionais a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras de recoñecido prestixio, a divulgación dos oficios artesanais e a consolidación da marca como identificativo único e garantía de calidade. Ofeitoamán é unha das feiras máis relevantes das que se celebran ao longo do ano en Galicia, tanto en número de expositores como en afluencia de público e vendas, así como a máis importantes das que se celebran no inverno, polo que se está a consolidar como un encontro de referencia da artesanía galega e unha cita imprescindible para o Nadal de Vigo e da súa comarca. A Consellería de Economía e Industria entende que este tipo de eventos constitúen unha canle fundamental de distribución do produto artesán galego, contribúen a concienciar a sociedade do valor do feito á man, dan a coñecer a marca Artesanía de Galicia, dinamizan a actividade comercial das localidades nas que se celebran, ao tempo que funcionan como un atractivo turístico máis dentro da programación do Nadal. Como en anos anteriores, Ofeitoamán  ofrece un escaparate cun amplo abano de propostas para os agasallos do Nadal, produtos con garantía de orixe, xa que contan coa garantía da elaboración artesanal, coidada e personalizada e, na maioría dos casos, coa distinción da marca Artesanía de Galicia, posto que a maior parte dos expositores que participan na edición deste ano de Ofeitoamán son artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Ata o mércores 5 de xaneiro, os visitantes poderán entrar en contacto directo cos propios creadores das pezas, que están especializados nunha grande variedade de oficios artesanais: coiro, téxtil, xoiería, cartón pedra, forxa, cerámica, vidro ou madeira. A maioría dos expositores que participan na mostra proceden de diferentes zonas de Galicia, coa excepción de Arminda Ferreira, especializada en lámpadas e accesorios, e do taller téxtil Artesave, ambos os dous chegados de Portugal; o obradoiro Vidrio Ibarzo, de Zaragoza, Cerámica creativa, de Argoños (Cantabria), e mais o obradoiro de la e seda Tiempo es Arte, de Teguise (Las Palmas). Os  expositores galegos son: A Feitura (A Coruña), A Xente das Cores (Mondoñedo), A. Outeiriño (Ourense), Acebo (O Rosal), Ardentía, Deseño en Prata (Bergondo), Artesanía en Plata (Marín), Bruxarte (Vigo),      Cabuxa (Tui), Cerámica e prata – F. Porto (A Estrada), Cerámica Ferreira (Vigo), Chueco (A Coruña), Dolmen (Vigo),  E. Ferro (Merza), Encoiros (Vigo), Ferroteis (Vigo), Fiada Tecido Manual (Carral), Flecharte (Vigo), Joyas de Papel (Nigrán), Mestura de Kores (Vigo), Pablo Leal (Teo), Pilar Piñeiro – Cerámica (Cangas), Plata Nativa (A Coruña), Regal Cerámica Artesán (Viveiro), Sánchez-Cano Orfebres (Vigo), Santín (Cambre), Silvereira (Teo), Suso Calo Plata (Moaña), Taller Sur (Marín), Tragamasa Bichería Fina (Oleiros), Varo Caride (Vigo), Ventanas al Pasado (Ponteareas) e Zimzelatum (Gondomar). Os 37 expositores que participan na XXVI edición desta feira poderanse visitar na Praza da Estación de Vigo en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. Os días 24 e 31 de decembro o horario da feira será de 16:30 a 19:00 horas, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro Ofeitoamán estará pechado.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: