O BNG esixe que os orzamentos da Xunta teñan en conta ao Baixo Miño

O Responsábel Comarcal do BNG -Xosé Manuel Méndez- indicou que proxectosmoi relevantes para a comarca quedan agora abandonados polo goberno do PP. A deputada do BNG Carme Adán trasladou aos medios de comunicación as propostas que vai incluír o BNG no debate dos orzamentos que afectan á Comarca do Baixo-Miño. A deputada nacionalista asegurou que os orzamentos presentados pola Xunta do Partido Popular son os Orzamentos dos recortes sociais e da falta de estratexia para combater a crise e o desemprego. O goberno do PP non actúa -dixo- e sitúase diante da crise como un mero espectador. De non seren modificados na tramitación parlamentar estes orzamentos van agravar o desemprego, van desmantelarse os servizos públicos e vaise incrementar a pobreza e as desigualdades. Pola súa parte o Responsábel Comarcal do BNG -Xosé Manuel Méndez- indicou que proxectos moi relevantes para a comarca quedan agora abandonados polo goberno do PP . O BNG vai esixir que a Xunta teña en conta ao Baixo Miño. Nese sentido Méndez manifestou que o BNG vai levar ao debate dos orzamentos propostas que sirvan para reactivar a economía e para manter os servizos públicos entre os que citou a construción do centro de saúde de Tui, a construción e acondicionamento da Escola Infantil en Goián, a construción da lonxa fluvial en Goián para a venda de peixe do río Miño, a dotación dunha embarcación de salvamento marítimo no porto da Guarda, a transferencia de capital ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivenda protexida na Guarda e en Tomiño ou a Rehabilitación do Casco Histórico de Tui.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: