Archive | diciembre 19, 2010

O CETMAR COLABORA CON INSTITUCIÓNS DE FRANCIA, PORTUGAL E IRLANDA NA MELLORA DA FORMACIÓN MARÍTIMA NO ESPAZO ATLÁNTICO

  • O obxectivo é a creación dunha rede de formación marítima de alta calidade que mellore a capacitación dos profesionais do mar e propicie un coñecemento adaptado ás necesidades deste ámbito e da seguridade marítima

 O Centro Tecnolóxico do Mar está a participar nun novo proxecto europeo, “Marleanet”, que persegue a mellora da formación marítima no espazo Atlántico e a creación dunha rede de centros de formación que mellore a capacitación dos profesionais do mar e propicie un coñecemento adaptado ás necesidades deste ámbito e da seguridade marítima. Coordinado polo Centre Européen de Formation Continue Maritime (CEFCM) de Concarneau (Francia), o proxecto “Marleanet” conta coa participación doutros cinco socios, xa que ademais da Fundación CETMAR toma parte nesta iniciativa europea o Cork Institute of Technology de Irlanda, a Escola Superior Náutica Infante D. Henrique e a  Mutua dos Pescadores de Portugal, e a Universite de Bretagne Occidentale. Leer Más…

A XUNTA DE GALICIA DESTACA QUE A POSTA EN MARCHA DE 192 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA NO PAU DE NAVIA É O “EXEMPLO A SEGUIR” EN POLÍTICA DE VIVENDA SOCIAL

  • A delegada territorial do Goberno galego en Vigo, Lucía Molares, acudiu esta mañá á inauguración do edificio de 192 VPA que promoveu a Sociedade Cooperativa Galega Veciñal Eduardo Chao III
  • Molares destacou o traballo da cooperativa, que naceu no seno da Federación de Veciños Eduardo Chao de Vigo hai xa case dez anos, e amosou o seu apoio á “importante” iniciativa que ten coma fin ofrecer unha vivenda digna e de calidade a case 200 familias viguesas
  • Esta oferta de vivendas sociais súmase ás 343 VPP que a Xunta de Galicia construíu en Navia e que entregou aos seus propietarios hai unhas semanas así coma ás 47 que o IGVS promociona nas Roteas
  • O investimento do Goberno galego neste novo barrio ascende a máis de 90 millóns de euros, dos que 50 corresponden ás vivendas sociais, máis de 6 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística.