Archivo | diciembre 22, 2010

Información sorteo "Vente cos Reis Magos". Vigo

listaxe cos nomes dos nenos e nenas que resultaron gañadores no sorteo do
concurso Vente cos Reis Magos, realizado esta mañá no Auditorio
municipal. Elixíronse corenta nenos e nenas para participar
no desfile da Cabalgata de Reis do  5 de xaneiro nas carrozas
municipais (dez nenos por carroza).   Leer Más…

COMEZAN OS OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS NO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Dirixidos a rapaces de entre 5 e 12 anos, centraranse nas artes de pesca tradicional de diferentes lugares do mundo
Como novidade, este ano tamén terán lugar actividades en Salinae e no restaurante do Museo, O Croque.-Baixo o título Pescando polo mundo, o Museo do Mar volve a abrir as súas portas a todos os nenos de Galicia cos obradoiros de Nadal, centrados, nesta ocasión, nas diferentes artes de pesca tradicional que se utilizan na actualidade en distintos lugares do mundo. Estas actividades, dirixidas a rapaces de entre 5 e 12 anos, comezarán mañá, xoves 23 de decembro, e durarán ata o 5 de xaneiro do vindeiro ano. Leer Más…

MATOCONFÍA EN QUE A MINISTRA DE SANIDADE CONTE COAS AUTONOMÍAS PARA AVALIAR A DEPENDENCIA, TAL E COMO COMPROMETEU

  •  A conselleira, que asistiu en Madrid ao Consello Territorial da Dependencia, sinalou que Pajín así o acordou cos responsables autonómicos
  • A titular de Traballo e Benestar destacou a importancia de que o Goberno central atenda a opinión e a experiencia das comunidades autónomas  Leer Más…

A SEDE DO PP DE SALCEDA DE CASELAS ACOLLE A VISITA DO PRESIDENTE PROVINCIAL DE NN.XX.

Ángela Valcárcel, presidenta da Xestora de NN. XX. de Salceda de Caselas, asegura que existe un grupo importante de mozos e mozas interesado en pertencer e participar co Partido Popular  Leer Más…

FACTORÍAS VULCANO FORMALIZA LOS ACUERDOS FINANCIEROS Y LABORALES QUE ASEGURAN LA TERMINACIÓN DEL BUQUE SÍSMICO 533

 El crédito avalado por Pymar, con soporte de la Xunta, arranca con un primer tramo de 16,7 millones de euros       Los trabajadores se comprometen con el futuro del astillero mediante tres importantes convenios  Factorías Vulcano confirmó hoy la formalización del crédito para la terminación del buque sísmico 533, una vez que se cerraron los acuerdos financieros en los términos reclamados por Pymar. Leer Más…

Santi Domínguez destaca o fin solidario de Vigolandia, que se celebrará no Ifevi do 26 ao 30 de decembro

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe a nova edición de Vigolandia, que se desenvolverá no Ifevi do 26 ao 30 de decembro. O nacionalista salientou que esta iniciativa, unha das máis agardadas polos máis cativos da casa, non só ten como finalidade ofrecer un espazo de lecer e entretemento para toda a familia, senón que ten tamén un fin social moi importante xa que a recadación destinarase a entidades sociais da cidade. http://xornal.vigo.org/index.php 

Caballero amosa a súa "satisfacción" pola licitación dos 238 millóns de euros da nova estación do AVE de Urzáiz

O alcalde  de Vigo valorou este mércores positivamente a licitación do Ministerio de Fomento da estación de Vialia en Urzáiz, 153 millóns de euros que completan as catro patas na futura terminal do AVE, cun investimento total de 238 millóns. Caballero confirmou que o ministro José Blanco e o arquitecto Thom Mayne -quen ultima o proxecto- presentarán en Vigo no mes de xaneiro “unha das grandes estacións ferroviarias de España”

Mais notiicias http://xornal.vigo.org/

El PP se alegra de que el alcalde, por fin, haga caso a las iniciativas del Grupo Municipal y no suba el billete del Vitrasa

El Grupo Municipal del PP se alegra de que, por fin, el alcalde haga caso de iniciativas como la de la congelación del billete de Vitrasa, propuesta por el PP. En esta época, con 30.000 parados más en Vigo, 10.000 más desde que Abel Caballero es alcalde, no era justo aumentar el precio del billete y así se lo ha hecho constar el concejal Antonio Coello en una moción presentada al próximo pleno del lunes 27 de diciembre. El alcalde ha tomado nota de esta propuesta y el PP cree que ya era hora de que tuviera en cuenta las iniciativas destinadas a ayudar a todos aquellos vigueses que lo están pasando mal. Asimismo se demuestra que el PP está en el camino correcto, realizando propuestas positivas y reales, alejadas de fantasías, desde una oposición responsable.

O proxecto ContoPlanet finalista nos Premios EGANET

Dentro da categoría “Software, Multimedia ou Web” desta VII edición dos Premios Eganet, que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías. A entrega terá lugar mañá mércores ás 19:00 h no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.ContoPlanet é unha iniciativa conxunta de Galaxia, Perro Verde Films e Milrayas. Trátase dunha aplicación de contos infantís para iPhone e iPad, que converte cada historia nunha experiencia emocional, intuitiva e amable. Seleccionamos unha serie de contos pertecentes á colección Arbore, de Editorial Galaxia. Cada conto foi dixitalizado, traducido a tres idiomas e narrado por profesionais. Engadíronse zonas táctiles, efectos de son e animacións, de modo que podemos desfrutar cada conto de diversas formas, con múltiples combinacións que o fan diferente e especial. Para adquirilo só hai que visitar a App Store de Apple e descargar a aplicación de ContoPlanet. Pódese facer dende o ordenador, iPhone, iPod touch ou iPad. A aplicación vén cun conto gratuíto, “¡Puag, que noxo!”, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Xan López Domínguez.

Fallo do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010

A ARTE DO IMPOSIBLE, de Ramón Máiz Suárez
 A obra A ARTE DO IMPOSIBLE, da que é autor Ramón Máiz Suárez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse onte, día 20 de decembro, ás 11 horas, no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Leer Más…