A SEDE DO PP DE SALCEDA DE CASELAS ACOLLE A VISITA DO PRESIDENTE PROVINCIAL DE NN.XX.

Ángela Valcárcel, presidenta da Xestora de NN. XX. de Salceda de Caselas, asegura que existe un grupo importante de mozos e mozas interesado en pertencer e participar co Partido Popular  Foi este luns pola noite cando a nova sede do Partido Popular de Salceda de Caselas, recentemente inaugurada, recibiu a visita do presidente provincial de Novas Xeracións, Diego Gago. Alí estaban, ademais do presidente e concelleiro do PP local Santiago Rodríguez Davila e membros do Comité Local, a presidenta da Xestora de NN. XX. de Salceda de Caselas, Ángela Valcárcel acompañada dun grupo de mozos que se está a incorporar a esta nova etapa do PP salcedense. Neste sentido, Valcárcel lembra que “son moitos os mozos e mozas que están amosar o seu interese por pertencer e participar con esta familia popular”. Ata o de agora, este grupo de xente nova xa estivo a desenvolver diferentes actividades e a colaborar na posta en marcha doutras moitas, así a xuventude do PP axudou na celebración da primeira Romaría Popular, foi quen de organizar o primeiro campamento de verán en Bergondo e peregrinou ao Santuario da Franqueira e tamén a Santiago de Compostela polo camiño Francés dende Sarria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: