COMEZAN OS OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS NO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Dirixidos a rapaces de entre 5 e 12 anos, centraranse nas artes de pesca tradicional de diferentes lugares do mundo
Como novidade, este ano tamén terán lugar actividades en Salinae e no restaurante do Museo, O Croque.-Baixo o título Pescando polo mundo, o Museo do Mar volve a abrir as súas portas a todos os nenos de Galicia cos obradoiros de Nadal, centrados, nesta ocasión, nas diferentes artes de pesca tradicional que se utilizan na actualidade en distintos lugares do mundo. Estas actividades, dirixidas a rapaces de entre 5 e 12 anos, comezarán mañá, xoves 23 de decembro, e durarán ata o 5 de xaneiro do vindeiro ano.
  Como novidade, este ano, durante a temporada estival, tamén haberá obradoiros en Salinae-Centro Arqueolóxico do Areal. En Mosaicos romanos, os rapaces coñecerán a técnica de construcción de mosaicos e a súa evolución simulando o traballo dos artesáns que os elaboraban hai dous mil anos.
  Dependendo da idade, cada neno poderá participar nos obradoiros nuns días determinados. É dicir, os rapaces de 5 a 8 anos acudirán os días 24, 29, 31 de decembro e 5 de xaneiro, e os de 9 a 12 anos, os días 23, 28, 30 de decembro e o 4 de xaneiro, sempre en horario de 11.00 h. a 13.30 h. Durante os obradoiros, que serán gratuitos, haberá un tempo destinado á merenda que traerá cada participante.
  Aprendendo a cociñar no Museo
  Por outra banda, o restaurante do Museo do Mar, O Croque, tamén súmase ós obradorios de nadal ofrecedo distintas actividades para os rapaces. En Os croquiños do nadal os cativos aprenderán a diferenciar os sabores dos alimentos e poderán elaborar un menú completo. Nesta ocasión, os obradoiros terán lugar os días 28, 29 e 30 de decembro en horario de 11.00 h. a 13.00 h. e o preco é de 15 euros.
  Para participar en calquera das actividades, os interesados poden inscribirse completando o formulario que se atopa na páxina web www.museodomar.com ou contactando directamente co departamento de Educación do museo chamando ó teléfono 986 247 691. 
 * PESCANDO POLO MUNDO – Museo do Mar de Galicia
Aforo máximo 20 rapaces.
 * MOSAICOS ROMANOS – Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal
Aforo máximo 10 rapaces.
 Horario: de 11.00 h. a 13.30 h.
 Datas:
 Rapaces de 5 a 8 anos: días 24, 29, 31 de decembro e 5 de xaneiro.
Rapaces de 9 a 12 anos: días 23, 28, 30 de decembro e 4 de xaneiro.
 OS CROQUIÑOS DA COCIÑA – Restaurante do Museo do Mar – O Croque
Aforo máximo 30 rapaces.
 
Horario: de 11.00 h. a 13.00 h.
 
Datas: 28, 29 e 30 de decembro.
 
Prezo: 15 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: