MATOCONFÍA EN QUE A MINISTRA DE SANIDADE CONTE COAS AUTONOMÍAS PARA AVALIAR A DEPENDENCIA, TAL E COMO COMPROMETEU

  •  A conselleira, que asistiu en Madrid ao Consello Territorial da Dependencia, sinalou que Pajín así o acordou cos responsables autonómicos
  • A titular de Traballo e Benestar destacou a importancia de que o Goberno central atenda a opinión e a experiencia das comunidades autónomas  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, confiou hoxe en que a ministra de Sanidade; Política Social e Igualdade, Leire Pajín, cumpra o compromiso dado esta mesma mañá ás comunidades autónomas de contar con elas á hora de avaliar o grao de aplicación da Lei de Dependencia no conxunto do Estado. Ao termo do pleno do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia celebrado en Madrid, a titular da Administración sociolaboral galega expresou o seu desexo de que esta avaliación se realice tendo en conta aos gobernos autonómicos e lembrou que este mes xa debía estar feita, pois era un compromiso adoptado polo Executivo central. Pese a isto, Mato destacou a importancia de que o Goberno central teña en conta a “opinión” e a “experiencia” das comunidades autónomas na aplicación da Lei promoción da autonomía persoal e de atención en situación de dependencia (aprobada ao final de 2006), “máis alá do formalismo”Así mesmo, a conselleira lamentou a “tardanza” do Executivo central á hora de publicar o catálogo de servizos que entrará en funcionamento o vindeiro 1 de xaneiro para as persoas dependentes que teñan recoñecido un grao 1, ao igual que o modelo de financiamento para este nivel de dependencia, que foi aprobado hoxe.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: