O proxecto ContoPlanet finalista nos Premios EGANET

Dentro da categoría “Software, Multimedia ou Web” desta VII edición dos Premios Eganet, que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías. A entrega terá lugar mañá mércores ás 19:00 h no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.ContoPlanet é unha iniciativa conxunta de Galaxia, Perro Verde Films e Milrayas. Trátase dunha aplicación de contos infantís para iPhone e iPad, que converte cada historia nunha experiencia emocional, intuitiva e amable. Seleccionamos unha serie de contos pertecentes á colección Arbore, de Editorial Galaxia. Cada conto foi dixitalizado, traducido a tres idiomas e narrado por profesionais. Engadíronse zonas táctiles, efectos de son e animacións, de modo que podemos desfrutar cada conto de diversas formas, con múltiples combinacións que o fan diferente e especial. Para adquirilo só hai que visitar a App Store de Apple e descargar a aplicación de ContoPlanet. Pódese facer dende o ordenador, iPhone, iPod touch ou iPad. A aplicación vén cun conto gratuíto, “¡Puag, que noxo!”, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Xan López Domínguez.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: