Archive | diciembre 23, 2010

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO ORGANIZA A SÚA PRIMEIRA PROGRAMACIÓN DE NADAL CON ACTIVIDADES INFANTÍS E ACTUACIÓNS MUSICAIS E TEATRAIS

  • Os actos comezaron hoxe cunha festa infantil, onde se fixo entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Debuxo Infantil da Delegación.
  • O programa continúa o vindeiro luns día 27 e o 3 de xaneiro coa actuación teatral do grupo Agarimo e a música das corais dos centros sociocomunitarios de Teis, Rivera Atienza e a coral Agarimo.
  • Esta primeira programación de Nadal pretende ser unha continuación aos actos culturais e sociais que comezaron no edificio da Xunta en novembro co fin de abrir o edificio administrativo aos cidadáns. Leer Más…

Protesta Recalvi Autos.

Os traballadores da empresa Recalvi Autos (antiga Talleres Barreiro) de Vigo comezaron hoxe as mobilizacións para protestar pola presentación do concurso de acredores (Lei Concursal) previo ao ERE extintivo que afectará a todo o plantel (un total de 20 persoas cunha media de 20 anos de antigüidade na compañía). Concentráronse na hora da comida (entre as 13.30 e as 15.30 horas) á porta das instalacións na Avenida de Madrid, 129. Alí amosaron pancartas cos lemas “Non aos despedimentos en Recalvi” e “A nosa cesta de Nadal é a lei concursal”. A protesta terá continuidade o vindeiro luns no mesmo horario.Dende a CIG explican que os traballadores do único concesionario oficial da Fiat en Pontevedra xa advertiran ao grupo hai máis de ano e medio a delicada situación económica e critican que non se tivese feito nada para reconducila. Os propietarios da empresa xa lles comunicaron que non van pagar indemnizacións e que tampouco cobrarán o mes de decembro nin a paga extra do Nadal.

A EXPOSICIÓN INTERACTIVA GALICIADIXITAL RECALA NO PORTO DE VIGO E CONVIDA A UNHA VIAXE INTERACTIVA POLA NOSA COMUNIDADE E AO REDOR DOS 25 ANOS DE VIDA DA CRTVG

Poderá visitarse de balde desde hoxe mesmo e ata o vindeiro 29 de decembro no Peirao de Trasatlánticos en horario de mañá e tarde    Os visitantes poderán desfrutar dos contidos habituais da exposición, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, a película en 4D “Meta do Camiño” ou o tiraboleiro virtual, entre outros, ademais dos relacionados cos 25 anos de vida da CRTVG. Leer Más…

EL CONSORCIO CONTRA INCENDIOS Y SALVAMENTO DEL BAIXO MIÑO, CONDADO Y LOURIÑA ADQUIERE UN FURGÓN EQUIPADO PARA RIESGOS QUÍMICOS

El presidente, Manuel Carrera, remarca la necesaria existencia de un recurso como este para cubrir el servicio en zonas industriales del territorio del consorcio La adjudicación definitiva del contrato de un furgón equipado para riesgos químicos fue lo que acordó esta mañana el pleno del Consorcio Contra Incendios y Salvamento de las Comarcas del Baixo Miño, Condado y Louriña. Representantes de los diez concellos integrantes del consorcio, de la Diputación Provincial y de la Xunta de Galicia aprobaron unánimemente este punto del orden del día, “un material necesario para atender a las posibles emergencias de esta índole que pueden darse en varias de las empresas localizadas en los parques industriales del territorio del consorcio”, explica Manuel Carrera, representante del Concello do Porriño y presidente del Consorcio. Leer Más…

A ILLA DE SAN SIMÓN ACOLLEU EN 2010 UN TOTAL DE 44 ACTIVIDADES COA PARTICIPACIÓN DE PROFESIONAIS DE 22 NACIONALIDADES DIFERENTES

  • A través dun renovado plan de usos, a Illa de San Simón estase a configurar como un lugar de encontro e intersección de culturas, ideas e pensamento. Durante o presente exercicio preto de 10.000 persoas visitaron o enclave da ría de Vigo, catalogado como Ben de Interese Cultural. Leer Más…

Caballero visitou o obradoiro infantil de Nadal de VigoZoo, onde presentouse o primeiro conto elaborado polo organismo

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron este xoves o obradoiro infantil que VigoZoo organiza polo Nadal nos catro Centros Cívicos municipais para nenos de 3 a 13 anos, ata o 7 de xaneiro. Alí presentouse o primeiro conto editado polo organismo que dirixe a edil socialista, chamado “Os Larpeiros do Nocturama”.O organismo autónomo que preside Chus Lago organizou para os nenos de entre 3 e 13 anos distintos obradoiros nos catro centros cívicos municipais (Casco Vello, Saiáns, Teis e Coruxo), en horario de mañá e ata o próximo 7 de xaneiro. A inscripción é gratuita no teléfono de atención cidadá 010. Abel Caballero subliñou que estas actividades fan posible que os menores “xoguen e aprendan a convivencia coa natureza” a través do conto. Felicitou á edil polo seu traballo en VigoZoo e en particular nas iniciativas que procuran que os nenos “se familiaricen” co seu entorno e salven a barreira entre a cidade e o campo. “Este é o cometido dun zoo moderno”, concluíu o alcalde

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Comunicado Orzamentos Xeral do Concello de Vigo

Enmenda presentada pola Sra. Concelleira Delegada de Economía e Facenda ao Orzamento Xeral do Concello de Vigo para o ano 2011   En data 8 de novembro pasado, se aprobou, inicialmente, o Orzamento Xeral do Concello de Vigo para o ano 2011, figurando, entre outras, a aplicación 1550.7230000 “Convenio Anualidade Obras entorno Alameda” por un importe de 571.918,64 euros, como consecuencia do convenio subscrito no seu día coa Zona Franca de Vigo. O importe da referida aplicación dá cumprimento á anualidade correspondiente a 2011.    Por parte da Zona Franca de Vigo, se comunica en escrito de data 22/12/2010 o aplazamento da referidade anualide pola totalidade do seu importe (571.918,64 euros) ata o primeiro trimestre do exercicio 2012.    Asimesmo, no Orzamento Xeral para o exercicio 2011 figura no referido programa 1550 “Vías e Obras” entre outras, a aplicación 1550.2100000 “Conservación de Vías e Espacios Públicos” cunha consignación inicial de 2.160.077,40 euros, poidendo minorarse nunha cantidade de 78.081,36 euros.  Por outra banda, a cidade de Vigo precisa unha conexión aérea entre o aeroporto de Vigo e Londres-Heathrow que facilite as relacións comerciais do texido socioeconómico vigués en todo o mundo, internacionalización imprescindible para a competitividade das nosas empresas no actual momento de crise económica.   En consecuencia, por parte desta Concellería delegada de Economía e Facenda se solicita: Leer Más…

'ContoPlanet' recibe dous premios EGANET

Os nosos contos para iPad e iPhone dobremente recoñecidos polo sector das TIC ‘ContoPlanet’, a aplicación de contos infantís para iPad e iPhone que naceron froito da colaboración con Perro Verde Films e Milrayas, competía como finalista na categoría de Software, Multimedia ou Web. O xurado decidiu entregarnos o premio que foi recollido polo Coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, Francisco Castro, quen ademais de desculpar a ausencia de Perro Verde e Milrayas no acto, ‘pois como se di decote nos premios de cine, non poden estar por estar traballando nos demais contos’, aproveitou para explicar que este recoñecemento entendémolo como un chanzo máis no camiño iniciado hai sesenta anos ‘por eses románticos e cidadáns exemplares deste país que foron os fundadores da Editorial. Leer Más…

PAPÁ NOEL VISITARÁ MAÑANA PORRIÑO Y RECORRERÁ SUS CALLES EN BICICLETA Y EN TREN TURÍSTICO

Mickey y Bob Esponja serán los protagonistas de la gran fiesta infantil del domingo. En estos días también habrá actuaciones musicales y teatro Comienza la cuenta atrás para comer las doce uvas en la fiesta de fin de año que se celebrará la noche del próximo jueves, día 30, en la plaza del Concello     www.concellodoporrino.net

Comunicado servicio Vitrasa Nochebuena y Fin de Año

 SERVIZO ESPECIAL DE VITRASA EN NOITEBOA E FIN Con motivo da   celebración das festas de Nadal, os servizos das liñas Nocturnas N1 e N2 serán como se detalla a continuación:      DÍA 24 DE DECEMBRO NOITEBOA

INICIO DO SERVIZO: Ás 01.00 horas desde Samil FRECUENCIA: 60 minutos N1 FIN DO SERVIZO: Derradeira saída de Samil ás 9.00 horas do día 25 de Decembro

DÍA 31 DE DECEMBRO FIN DE ANO 

INICIO DO SERVIZO: Ás 00:30 horas desde Samil FRECUENCIA: 30 minutos N1 e N2 SERVIZO ESPECIAL: Ademais das liñas N1 e N2 porase en marcha un

Servizo Especial

que fará o seguinte percorrido: Samil (Polideportivo) – Avd. Europa – Avd. Castelao –Camelias – P. Alfonso – P. Sanz e que contará cunha frecuencia de 30 minutos

Grazas ao servizo especial haberá unha frecuencia de 15 minutos coas liñas nocturnasN1 e N2 nos tramos comprendidos entre: Samil- Avd. Europa – Camelias – P. Alfonso – P. Sanz.

REMATE DO SERVIZO: Derradeira saída de Samil ás 9.45 horas do día 1 de Xaneiro.