A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO ORGANIZA A SÚA PRIMEIRA PROGRAMACIÓN DE NADAL CON ACTIVIDADES INFANTÍS E ACTUACIÓNS MUSICAIS E TEATRAIS

  • Os actos comezaron hoxe cunha festa infantil, onde se fixo entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Debuxo Infantil da Delegación.
  • O programa continúa o vindeiro luns día 27 e o 3 de xaneiro coa actuación teatral do grupo Agarimo e a música das corais dos centros sociocomunitarios de Teis, Rivera Atienza e a coral Agarimo.
  • Esta primeira programación de Nadal pretende ser unha continuación aos actos culturais e sociais que comezaron no edificio da Xunta en novembro co fin de abrir o edificio administrativo aos cidadáns.

O edificio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá, por primeira vez, unha programación de Nadal con actividades infantís e actuacións musicais e teatrais abertas a toda a cidadanía. Esta iniciativa pretende ser unha continuación aos actos culturais e sociais que o Goberno galego comezou a levar a cabo no mes de novembro –cando se celebrou o I Encontro Cultural en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais- co obxectivo de abrir o edificio administrativo á cidadanía para “achegalo a todos os cidadáns e conseguir que sexa algo máis que un edificio puramente administrativo”, considerou a responsable da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Os actos comezaron esta mañá cunha festa infantil para os máis pequenos da casa, onde se aproveitou para entregar os premios aos gañadores do I Concurso de Debuxo Infantil da Xunta en Vigo. Os dous debuxos gañadores –en dúas categorías de 0 a 7 anos e de 8 a 14 anos- foron os escollidos para configurar a felicitación de Nadal que a Delegación Territorial do Goberno galego en Vigo utilizou este ano. Os agraciados foron as nenas Lucía Maceiras e Inés Cortegoso, de 5 e 9 anos respectivamente. As actividades da programación de Nadal continuarán o vindeiro luns día 27 de decembro coa actuación teatral do grupo da Asociación de Amas de Casa e Consumo, Agarimo, que representarán a súa obra “A Pousadeira” de Carlo Goldoni, baixo a dirección de Alejandra Abre. A representación teatral comezará ás 19.00 horas no salón de actos da Delegación Territorial e está aberta a toda á cidadanía. Finalmente, a semana seguinte, concretamente o vindeiro día 3 de xaneiro, tocaralle o turno ás actuacións musicais. Así, as corais dos centros sociocomunitarios de Teis e Rivera Atienza ademais da coral da Asociación Agarimo serán os encargados de rematar a I programación de Nadal da Delegación cun amplo repertorio de temas musicais. A actuación comezará tamén ás 19.00 horas no salón de actos do edificio da Xunta con entrada libre e gratuíta.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: