A ILLA DE SAN SIMÓN ACOLLEU EN 2010 UN TOTAL DE 44 ACTIVIDADES COA PARTICIPACIÓN DE PROFESIONAIS DE 22 NACIONALIDADES DIFERENTES

  • A través dun renovado plan de usos, a Illa de San Simón estase a configurar como un lugar de encontro e intersección de culturas, ideas e pensamento. Durante o presente exercicio preto de 10.000 persoas visitaron o enclave da ría de Vigo, catalogado como Ben de Interese Cultural.
  • A Fundación Illa de San Simón promove o proxecto da Illa do Pensamento, co obxectivo de converter o arquipélago nun foco de actividade cultural de prestixio, con capacidade para atraer artistas, persoeiros e institucións con relevancia internacional, que permitan espallar a cultura de Galicia.

  A Fundación Illa de San Simón acolleu no exercicio de 2010 un total de 44 eventos integrados no plan de usos presentado en maio do presente ano. As actividades organizadas na Illa da ría de Vigo implicaron un forte espallamento e posicionamento internacional. Estes 44 eventos foron levados a cabo por artistas, pensadores, creadores, profesores universitarios, políticos, xornalistas, estudantes e deportistas provenientes de 22 nacionalidades distintas como Portugal, Francia, Finlandia, Suíza, Estonia, Letonia, Noruega, Alemaña, Holanda, Lituania, Estados Unidos, Arxentina, Uruguai, Chile, Brasil, Colombia, Puerto Rico, México, Venezuela, Cuba, República Dominicana e case todas as Comunidades Autónomas de España. A Fundación vén realizando estas actividades dun xeito docente e divulgativo que permitan, á cidadanía en xeral, o acceso ás illas co fin de dar a coñecer á poboación os valores históricos, marítimos, naturais, culturais, xeográficos e arquitectónicos que atesouran. A través do renovado plan de usos, a Illa de San Simón configúrase como un lugar de encontro e intersección de culturas, ideas e pensamento. Durante o presente exercicio preto de 10.000 persoas visitaron o enclave da ría de Vigo, catalogado como Ben de Interese Cultural A través do proxecto Illa do Pensamento, a Fundación Illa de San Simón procura preparar á Fundación para convertela nun foco de actividade cultural de prestixio, con capacidade para atraer artistas, persoeiros e institucións con relevancia internacional, que permitan espallar a cultura de Galicia. A Illa de San Simón afronta un novo proceso de rehabilitación que a converterá nun gran laboratorio de ideas con proxección globalizadora, vocación multidisciplinar e unha nova identidade liderada polo pensamento creativo a través das novas tecnoloxías que permiten superar os contornos físicos para chegar a outros novos.

Eventos internacionais

Entre os eventos máis salientables destacan os nove concertos realizados no 2010 como Dona Rosa (Portugal), Oni Wytars (Alemaña) ou La Cecchina (Suíza) no Ciclo Espazos Sonoros; Manuel Rivas (Galicia) no Ciclo Palabras na Illa do Pensamento e Ariel Pink’s Haunted Grafitti (Estados Unidos) ou Xoel López & la Caravana Americana (Galicia, España, Portugal, Brasil, Arxentina, Chile, Uruguai, Estados Unidos, Colombia, Venezuela, República Dominicana). Dentro dos 16 cursos e xornadas programadas para 2010 destacaron o Foro Estrategar, con pensadores de España, Estados Unidos, Colombia e Portugal; o Encontro de alcaldes do Camiño Portugués; o Encontro de Pintores no Camiño; o Foro Internacional Comunicación, con participación de xornalistas de varios países de Iberoamérica ou as Master Class organizadas por AGADIC a cargo de Antonio Placer, Kepa Junkera e Steven Greenman. As actividades relacionadas tiveron centos de impactos mediáticos tanto a nivel nacional como internacional, incluída unha entrevista na Televisión Nacional de Chile. O seu valor substitutivo en publicidade pode superar a varias decenas de miles de euros. Desde a presentación do plan de actividades da Fundación Illa de San Simón, o pasado 28 de maio, asináronse 11 convenios de colaboración co Foro Iberoamericano sobre Estrategias de Comunicación, a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Neural Correlate Society (USA), as Universidades de Quilmes e Rosario (Arxentina), o Centro Iberoamericano de Estudios en Comunicación, Información y Desarrollo (Arxentina), a IAM Interlearning LAB S.L., a Revista Tendencias 21 e o Colexio de Xornalistas de Galicia e Universidad de Gerrero (México). Asemade existen outros 19 convenios que se atopan en trámite de firma con asociacións de España, Brasil, Chile ou Colombia.

Accións salientables

No período que vai de xuño a decembro de 2010, a Illa de San Simón rexistrou unha maior actividade que o período comprendido entre o remate das obras de rehabilitación do conxunto, en 2005, e 2009. No mes de outubro deste ano, a Illa viviu o mes de maior actividade con eventos organizados en 30 dos 31 días dispoñibles. A páxina web da Fundación Illa de San Simón, http://www.fundacionilladesansimon.org/, foi visitada, desde o 1 de xullo, en máis de 55.000 ocasións.Cómpre destacar que no 2010 producíronse outros feitos salientables como a donación á Fundación da obra pictórica ‘El caminante de Fiedrich frente a la Isla del Pensamiento’, do pintor Ángel Orcajo; a dedicatoria da obra músico vocal ‘Illa de San Simón – Illa de San Antón’, do músico e poeta Antonio Placer ou a elección da canción escoitada no concerto do Festival Sinsal Insólitos en San Simón ‘Round and Round’ da banda californiana Ariell Pink’s Haunted Graffiti como mellor canción pop-rock do ano 2010 por parte da prestixiosa revista Pitchfork.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: