Caballero visitou o obradoiro infantil de Nadal de VigoZoo, onde presentouse o primeiro conto elaborado polo organismo

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron este xoves o obradoiro infantil que VigoZoo organiza polo Nadal nos catro Centros Cívicos municipais para nenos de 3 a 13 anos, ata o 7 de xaneiro. Alí presentouse o primeiro conto editado polo organismo que dirixe a edil socialista, chamado “Os Larpeiros do Nocturama”.O organismo autónomo que preside Chus Lago organizou para os nenos de entre 3 e 13 anos distintos obradoiros nos catro centros cívicos municipais (Casco Vello, Saiáns, Teis e Coruxo), en horario de mañá e ata o próximo 7 de xaneiro. A inscripción é gratuita no teléfono de atención cidadá 010. Abel Caballero subliñou que estas actividades fan posible que os menores “xoguen e aprendan a convivencia coa natureza” a través do conto. Felicitou á edil polo seu traballo en VigoZoo e en particular nas iniciativas que procuran que os nenos “se familiaricen” co seu entorno e salven a barreira entre a cidade e o campo. “Este é o cometido dun zoo moderno”, concluíu o alcalde

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: