Comunicado Orzamentos Xeral do Concello de Vigo

Enmenda presentada pola Sra. Concelleira Delegada de Economía e Facenda ao Orzamento Xeral do Concello de Vigo para o ano 2011   En data 8 de novembro pasado, se aprobou, inicialmente, o Orzamento Xeral do Concello de Vigo para o ano 2011, figurando, entre outras, a aplicación 1550.7230000 “Convenio Anualidade Obras entorno Alameda” por un importe de 571.918,64 euros, como consecuencia do convenio subscrito no seu día coa Zona Franca de Vigo. O importe da referida aplicación dá cumprimento á anualidade correspondiente a 2011.    Por parte da Zona Franca de Vigo, se comunica en escrito de data 22/12/2010 o aplazamento da referidade anualide pola totalidade do seu importe (571.918,64 euros) ata o primeiro trimestre do exercicio 2012.    Asimesmo, no Orzamento Xeral para o exercicio 2011 figura no referido programa 1550 “Vías e Obras” entre outras, a aplicación 1550.2100000 “Conservación de Vías e Espacios Públicos” cunha consignación inicial de 2.160.077,40 euros, poidendo minorarse nunha cantidade de 78.081,36 euros.  Por outra banda, a cidade de Vigo precisa unha conexión aérea entre o aeroporto de Vigo e Londres-Heathrow que facilite as relacións comerciais do texido socioeconómico vigués en todo o mundo, internacionalización imprescindible para a competitividade das nosas empresas no actual momento de crise económica.   En consecuencia, por parte desta Concellería delegada de Economía e Facenda se solicita:

            1º.- Deixar sen efecto a aplicación orzamentaria 1550.7230000 “Convenio Anualidade obras entorno Alameda” por un importe de 571.918,64 euros.

            2º.- Minora-la aplicación 1550.2100000 “Conservación de Vías e Espacios Públicos” nunha cantidade de 78.081,36 euros, debendo constar, por tanto, cunha consignación inicial de 2.081.996,04 euros.

            3º.- Dar de alta no programa da Alcaldía a aplicación 9120.4790000 “Subvención a                                         VUELING AIRLINES S.A. por un importe de 650.000 euros.

  Esta modificación non altera o equilibrio orzamentario.

    Vigo, 22 de decembro de 2010

                                                                             A CONCELLEIRA DELEGADA                                                                                 ECONOMIA E FACENDA    Raquel Díaz

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: