'ContoPlanet' recibe dous premios EGANET

Os nosos contos para iPad e iPhone dobremente recoñecidos polo sector das TIC ‘ContoPlanet’, a aplicación de contos infantís para iPad e iPhone que naceron froito da colaboración con Perro Verde Films e Milrayas, competía como finalista na categoría de Software, Multimedia ou Web. O xurado decidiu entregarnos o premio que foi recollido polo Coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, Francisco Castro, quen ademais de desculpar a ausencia de Perro Verde e Milrayas no acto, ‘pois como se di decote nos premios de cine, non poden estar por estar traballando nos demais contos’, aproveitou para explicar que este recoñecemento entendémolo como un chanzo máis no camiño iniciado hai sesenta anos ‘por eses románticos e cidadáns exemplares deste país que foron os fundadores da Editorial. Así que este premio é para Xaime Isla Couto, felizmente entre nós, así como para Paco del Riego, Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo’. Tamén lle dedicou o premio ‘ao conxunto da edición galega, que tanto está a facer por soster este país’. Entregados todos os premios, os responsables dos premios anunciaron que había catro premios honoríficos, a produtos singulares que destacaran pola súa excepcional calidade, premios que recoñecen os proxectos, de entre todos os presentados, aqueles que mellor aposta fixeran polo software libre, a innovación, a mobilidade e a accesibilidade.
E aí chegou a sorpresa ao recibir ContoPlanet o Premio Global Mobilidade. Daquela, dous galardóns que nos enchen de ledicia, responsabilidade e ilusión para seguir traballando na mesma liña. Traendo á lingua galega e á nosa literatura a modernidade. Para dar a batalla no entorno dixital. Para seguir crendo no noso futuro como cultura e como país.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: