Protesta Recalvi Autos.

Os traballadores da empresa Recalvi Autos (antiga Talleres Barreiro) de Vigo comezaron hoxe as mobilizacións para protestar pola presentación do concurso de acredores (Lei Concursal) previo ao ERE extintivo que afectará a todo o plantel (un total de 20 persoas cunha media de 20 anos de antigüidade na compañía). Concentráronse na hora da comida (entre as 13.30 e as 15.30 horas) á porta das instalacións na Avenida de Madrid, 129. Alí amosaron pancartas cos lemas “Non aos despedimentos en Recalvi” e “A nosa cesta de Nadal é a lei concursal”. A protesta terá continuidade o vindeiro luns no mesmo horario.Dende a CIG explican que os traballadores do único concesionario oficial da Fiat en Pontevedra xa advertiran ao grupo hai máis de ano e medio a delicada situación económica e critican que non se tivese feito nada para reconducila. Os propietarios da empresa xa lles comunicaron que non van pagar indemnizacións e que tampouco cobrarán o mes de decembro nin a paga extra do Nadal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: