VISITAS TEATRALIZADAS No Verbum de Vigo

DÍAS 5, 12, 18, 19 e 26 DE DECEMBR

DE 2010

SESIÓNS ÁS 12 E 17 HORAS

PARA TODOS OS PÚBLICOS

Espectáculo que pretende difundir os contidos do Verbum dunha forma lúdica e diferente, a través da escenificación dos mesmos. É unha forma atractiva de dar a coñecer o espazo permanente do museo á cidadanía. Dentro da nosa programación especialmente deseñada para o público familiar, e estando preto unhas datas como o Nadal, o Verbum volve a poñer en escena o seu espectáculo teatral no que poderemos ampliar o panorama cultural e artístico da exposición permanente, verdadeira protagonista da representación. O espectáculo, inspirado nos contidos da propia exposición, está escrito pola dramaturga María Fernanda Cosín e dirixido pola galega Ana Carril. Os actores encargados de levalo á práctica son María Caparrini e Ricardo Solveira (alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia). Están acompañados dos músicos Chiqui Bernárdez e Xan Lavaca. Os actores darán vida ás diferentes escenas, nas que estes “Ñaques” do VERBUM conducirán aos visitantes no seu percorrido pola exposición. Non se trata de ilustrar o xa reflictido nos propios contidos, senón complementar a exposición introducindo, ás veces, aos espectadores aos contidos, e noutros casos, acompañándoos na súa experiencia expositiva, tendo, como pano de fondo, o teatro, instrumento idóneo para estas actividades de divulgación.

 

AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES POR SESIÓN

DURACIÓN APROXIMADA: 50 MINUTOS

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: