A XUNTA GARANTE QUE GALICIA TERÁ EN 2011 UN MAPA DE RUTAS AÉREAS EQUIVALENTE AO DO ANO XACOBEO, COA POSIBILIDADE DE MELLORAR O NÚMERO DE CONEXIÓNS INTERNACIONAIS NOS TRES AEROPORTOS

  • Hernández insistiu en que “isto foi posible, cun orzamento un 30% máis baixo”
  • Peinador mantería o mesmo mapa que en 2010 (Bruxelas e Sevilla), barallándose Milán en lugar e Sevilla como segundo destino se o concello complementa a aportación da Xunta cunha cifra adicional aproximada de 272.000 euros
  • Alvedro tamén mantería a conectividade deste ano (Amsterdam e Valencia), barallándose Roma, en lugar e Valencia, como segundo destino se o concello complementa a aportación da Xunta cunha cifra adicional de 259.000 euros
  • Lavacolla mantén cinco rutas (Frankfurt, Londres, Xenebra, Zurich, París), coa posibilidade de converterse en seis en función das negociacións que se están a efectuar

 Tras un intenso traballo de negociación, a Xunta garante que Galicia terá no ano 2011 un mapa de rutas equivalente ao do ano Xacobeo, coa posibilidade incluso de mellorar o número de destinos internacionais nos tres aeroportos. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou hoxe en rolda de prensa, na que estivo acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director Xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, que “estamos en disposición de mellorar a conectividade aérea de Galicia con menos recursos que o presente ano, froito dunha importante labor negociadora”. Hernández deu conta dos resultados das negociacións coas compañías aéreas que se viu realizando dende mediados do pasado mes de novembro, co obxectivo de lograr para os aeroportos de Galicia a mellor conectividade posible,  optimizando os recursos dispoñibles por parte da Xunta de Galicia . Sinalou que as negociacións realizáronse con criterios moi concretos. En primeiro lugar, intentar lograr unha oferta que iguale en 2011 o número de voos internacionais que os tres aeroportos galegos tiveron no Ano Xacobeo. “Un obxectivo que está totalmente garantido a día de hoxe a través de fórmulas de concursos e convenios de patrocinio publicitario respectando toda a legalidade vixente”, sinalou. Tamén incidiu en que se trata dunha oferta coordinada para os tres aeroportos, de xeito que se garanta un número de rutas amplo a disposición de todos os galegos. “O Executivo autonómico traballou e seguirá traballando con absoluta lealdade para tratar de potenciar a conectividade dos tres aeroportos”. Hernández insistiu en que “isto foi posible, cun orzamento un 30% máis baixo”. “O obxectivo foi manter as conexións dende unha perspectiva de país, é dicir, que os cidadáns teñan acceso dende Galicia ao maior número de destinos posible. O resultado que permite manter ou incluso mellorar o número de rutas do 2010 supón investir aproximadamente 1,2 millóns de euros en Vigo; 1,05 millóns de euros na Coruña e mais de 800.000 euros en Santiago”, explicou o conselleiro. Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou o mapa dos voos en Galicia para o ano 2011:

  • Dúas rutas para Peinador (Bruxelas e Sevilla), é dicir, manter o mesmo mapa que en 2010. Para o aeroporto de Vigo ábrese tamén a posibilidade dun segundo escenario, que é ter dúas rutas internacionais, barallándose Milán, en lugar e Sevilla, como segundo destino. Para elo, o concello ha de ter en conta que isto suporá complementar a aportación da Xunta cunha cifra adicional aproximada de 272.000 euros.

Dúas rutas para Alvedro (Amsterdam e Valencia), é dicir, manter o mesmo mapa que en 2010. Para o aeroporto coruñés a Xunta traballou a posibilidade dun segundo escenario, que suporía, ao igual que en Vigo, acadar dúas rutas internacionais, barallándose Roma, en lugar e Valencia, como segundo destino. Para elo, o concello ha de ter en conta que isto suporá complementar a aportación da Xunta cunha cifra adicional de aproximadamente 259.000 euros.O mapa de rutas internacionais de Galicia complétase coas cinco rutas de Lavacolla (Frankfurt, Londres, Ginebra, Zurich, París), é dicir, o mesmo número de rutas que no ano Xacobeo. Ademais, dependendo das negociacións pendentes poderían converterse en 6 rutas. O voo de Roma, que se deixa de prestar en Santiago porque nestes momentos non hai compañías interesadas en mantelo, pasa a ser substituído por Xenebra.

 Antecedentes

Galicia tivo en 2010 a súa maior conectividade internacional directa, grazas á aposta do actual executivo Na reunión do Comité Técnico de Rutas do 4 de novembro de 2010  estiveron representados a nivel técnico todas as administracións e organismos que forman parte do comité.  Na mesma acordouse por unanimidade, incluíndo nesa unanimidade aos representantes municipais, o obxectivo de manter en 2011 o mesmo mapa de destinos que se tivo en 2010. Con esta premisa reuniuse o 16 de novembro o Consello Xeral do Comité de Rutas. Lamentablemente, a falta de acordo entre os concellos (Coruña, Santiago e Vigo) respecto da proposta pactada poucos días antes deu ao traste co consenso no seo do Comité. Ante esa falta de acordo, a Xunta viuse na obriga de negociar directamente e coa máxima urxencia coas compañías aéreas para garantir que Galicia non perda un nivel de conectividade tan importante como o que se acadou este ano, o ano do Xacobeo, intentando consolidar a cifra de voos de 2010, co compromiso de respectar o acordado no comité. A partires dese mesmo día, dende a Secretaría Xeral de Turismo, co apoio da Dirección Xeral de Mobilidade, traballouse contrarreloxo con ese obxectivo. Mantivéronse contactos exactamente con  unha ducia de compañías e reunións con aquelas interesadas a priori en aumentar ou iniciar actividade en Galicia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: