ACONSELLERÍA DO MAR REÚNE AO CONSELLO GALEGO DE PESCA PARA DEBATER A PROPOSTA DA SÚA NOVA COMPOSICIÓN E ACHEGAR POSTURAS CONSENSUADAS

  A Consellería busca acadar unha maior operatividade deste organismo e simplificar a súa estrutura adaptándoa ás necesidades reais dos distintos sectores  Por outra banda, Rosa Quintana, trasladou ao Consello a información relativa aos orzamentos do seu departamento para o 2011, que conta con 175,5 millóns de euro. A consellería do Mar, reuniu hoxe ao Consello Galego de Pesca, o órgano consultivo de máxima representación do sector, para debater e tratar entre outros aspectos, a proposta da súa nova composición. Este intercambio de puntos de vista realízase en base a un informe realizado por membros do Consello sobre a proposta de composición elaborada pola Consellería do Mar e servirá de base para elaborar de xeito consensuado, un novo decreto que regule a súa composición. Segundo explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, o que pretende a Xunta é aumentar a operatividade do Consello a través dun número de comisións sectoriais que representen todo o sector. Deste xeito búscase acadar unha maior eficacia e operatividade adaptando a súa estrutura ás necesidades reais dos distintos sectores. En base a este documento, un grupo de traballo constituído por membros do Consello Galego de Pesca e designado nunha xuntanza do Consello o pasado mes de xuño, realizou o informe que hoxe presentaron ao Consello e que contén as propostas e aportacións do sector sobre a composición deste órgano. Tras ser presentado ao Consello Galego de Pesca e analizar este informe, a Consellería terao en conta para a configuración do futuro decreto de composición deste órgano. A Consellería realizará un borrador que remitirá ao sector para que, en caso de consideralo necesario, realice alegacións ao texto. Logo deste proceso, o documento será remitido á Asesoría Xurídica e ao Consello Consultivo de Galicia para a súa posterior aprobación polo Consello da Xunta. Por outra banda, Rosa Quintana, trasladou ao Consello a información relativa aos orzamentos do seu departamento para o 2011, que conta con 175,5 millóns de euros. A conselleira deu conta as principais inversións da Consellería do Mar e explicou que o que busca con esta distribución orzamentaria é acadar a eficacia e a eficiencia cun axuste que permite continuar coas liñas fundamentais de traballo recollidas no anterior orzamento. Ademais, segundo recalcou, este orzamento busca atender as principais demandas do sector, de aí que as principais accións estean baseadas no interese xeral, atendendo á súa vez, ao equilibrio dos eidos social, económico e ambiental .

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: