O goberno local reclama fondos e programas de cooperación á Xunta de Galicia para contratar a 450 traballadores en Vigo

O Pleno da Corporación de Vigo aprobou hoxe luns unha moción presentada polo grupo socialista solicitando á Xunta de Galicia un criterio de poboación e número de parados para repartir os fondos de cooperación entre os municipios. O Concello reclámalle tamén que abone á cidade tres millóns de euros destes fondos e conceda os obradoiros de emprego solicitados para poder crear en Vigo 450 empregos. O acordo demanda igualmente unha partida económica para manter o Plan de Inclusión Social. O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, denunciou un uso clientelar dos fondos de cooperación entre os concellos, destinados a municipios “onde goberna o PP” e en particular con mocións de censura: “págase con diñeiro público o transfuguismo”, denunciou o socialista.  Pola contra, o Goberno de España distribuiu o seus fondos estatais de 2009 e 2010 entre as localidades españolas en base á súa poboación, o mesmo sistema que lle solicita o goberno local á Xunta de Galicia. Santos Héctor rematou a súa intervención afirmando que, desde que goberna Núñez Feijóo, en Vigo incrementouse en máis de 3.200 persoas o número de desempregados. “Coa política de Feijóo e o PP non se combate a crise nin o paro nin se fai país”, asegurou. A voceira do grupo nacionalista, María Méndez, criticou pola súa banda a reducción en case 30 millóns de euros das partidas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o que tradúcese nun descenso de investimento e, pola contra, un incremento do gasto corrente, o que “vai en contra” da creación de emprego.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: