Archive | diciembre 28, 2010

A XUNTA REMITIULLE O PASADO 28 DE SETEMBRO AO CONCELLO DE NIGRÁN O PROXECTO MODIFICADO DE SEGURIDADE VIAL DA ESTRADA QUE UNE VIGO E NIGRÁN, TAL E COMO SOLICITOU O SEU ALCALDE

 A obra suporá un investimento de 20 millóns de euros, incluíndo as expropiacións

  • A modificación dos proxectos supón unha diminución no custe das expropiacións de preto de 6 millóns de euros
  • Con isto, limítase significativamente a ocupación e desaféctanse unha parte considerable dos peches e predios inicialmente afectados
  • Levaranse a cabo actuacións puntuais nos puntos máis críticos, mellorando 18 interseccións e creando 5 novas glorietas
  • O pago dos depósitos está previsto para o vindeiro mes de abril Leer Más…

O PP DE REDONDELA SOLICITARALLE RESPONSABILIDADES AO GOBERNO LOCAL RESPECTO DAS MEDIDAS DE SEGURIDADE TOMADAS NA AVENIDA DE MENDIÑO

Ante o intento do Bipartito de silenciar á oposición, os populares solicitarán a comparecencia do concelleiro de Tráfico, Patrimonio, Cultura e Protección Civil, “competencias que el mesmo declara en prensa descoñecer” O edil delegado de Deportes terá que explicar cal é a situación actual do Pazo dos Deportes e do pavillón de Cesantes; e a concelleira de Participación Cidadá comparecerá respecto da construción da A-59 O Partido Popular de Redondela volverá a pedir responsabilidades respecto de diversos temas na sesión plenaria que se celebrará mañá mércores, 29 de decembro. Leer Más…

Rosa Quintana asistiu esta tarde á presentación do proxecto de expositores frigoríficos e unidade multifunción do GAC 3 da Confraría de Malpica

A CONSELLERÍA DO MAR DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA OS NOVE PROXECTOS GAC APROBADOS NA SEGUNDA CONVOCATORIA DE 2010
   Dos 9 proxectos aprobados, 4 son produtivos e 5 son non produtivos e destináronse en total 1.011.717 euros
        A conselleira do Mar destacou o proxecto de instalación de expositores frigoríficos e da unidade multifunción do GAC 3 como un exemplo claro da posta en valor da trazabilidade para avanzar na comercialización, neste caso, do percebe
   Das 352 toneladas de percebe que se venderon nas lonxas de Galicia neste ano, 38 pasaron pola lonxa de Malpica e xeraron  un volume de negocio de máis de 900.000 euros dun total de 9,4 millóns

A PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN EÓLICA PERMITIRÁ A POSTA EN MARCHA DO MAIOR PLAN INDUSTRIAL DE GALICIA

  • O concurso levouse a cabo cumprindo os prazos con exactitude, coa utilización exclusiva de recursos públicos e con transparencia
  • A resolución eólica blinda a execución dos plans industriais cun investimento de 6.000 millóns de euros que permitirá a creación de preto de 14.000 novos postos de traballo
  • A resolución, culminada nos catro meses comprometidos, ten sido froito dun labor exhaustivo de estudo e revisión de cada parque, empresa e proxecto industrial presentado ao concurso eólico Leer Más…

FEIJÓO DESTACA A IMPORTANCIA DE TRABALLAR DE XEITO COORDINADO ENTRE A XUNTA E AS CÁMARAS DE COMERCIO PARA LEVAR A CABO A INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS E O DESENVOLVEMENTO AXEITADO DA NOVA LEI DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA

  • Avoga polo traballo conxunto para reforzar e renovar o tecido produtivo galego, “saír deste momento difícil e afrontar o máis axiña posible a recuperación económica e a volta á creación de emprego”
  • Afirma que en 2011 o presuposto que a Xunta destinará á internacionalización das empresas galegas volve medrar nun 11%, o que supón un crecemento acumulado de máis do 65% sobre o ano 2009
  • Salienta o papel que as Cámaras de Comercio van desenvolver no Consello Galego de Internacionalización xunto coa Xunta e as asociacións empresariais, e amósase seguro de que este organismo se converterá “na gran alianza” que nos permita promover a marca Galicia en todo o mundo dun xeito unido e sen duplicidades Leer Más…

PROGRAMACIÓN NAVIDAD MAÑANA MIERCOLES – 29 DICIEMBRE – RECORRECENTROS Y ESPECTÁCULO INFANTIL – EL CORTE INGLES‏

Recorrecentros:  Personajes navideños de animación recorren el centro e informan de los espectáculos Infantiles, con horario de 17:00 a 20:00 horas.
Espectáculo Infantil: A las 19.00 h., enSalón Ámbito Cultural -Planta 7ª, Títeres  “Loco cuento de Navidad”. Leer Más…

MAR PERSOARASE COMO ACUSACIÓN PARTICULAR NA CAUSA ABERTA CONTRA OS ATAQUES AOS VIXILANTES DA CONFRARÍA DE MUROS PARA VELAR POLO CUMPRIMENTO DA LEGALIDADE

  O subdirector de Gardacostas, Lino Sexto, asegurou que a Consellería “fará o que estea nas súas mans” para frear este tipo de incidentes, no que varios furtivos enfrontáronse aos gardapescas
§Sexto subliñou que os protocolos de actuación de rescate da Xunta cumpren rigorosamente as recomendacións da Organización Marítima Internacional 
    O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, sinalou a importancia da execución dun Centro de Recuperación de Fauna Mariña en Baiona 
       A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro considera inxusto que os mariñeiros galegos embarcados en buques noruegueses antes de 1994 non reciban prestacións por xubilación e traballa para poder achegar unha solución satisfactoria para o colectivo

Brindis con los representantes de la Nova caixa galega.

 Esta mañana invitados los medios de comunicación aun brindis con los representantes de la Ciaxa Nova Galega..Afrontar con tranquilidad  una dosis de resposabilidad  y el estado de animo de toda la gente de caixa nova gakega y con las  las mochilas llenas de esperanza ante un año complicado económicamente, empezaron a dialogar los dos máximos representantes de la caixa  como son Luis Pego y Javier  García ellos explicaron que  los objetivos marcados  es pasar más desapercibidos para seguir trabajando desde la fusión con  la facilidad de integración sorprendente y natural y gratificante  que esta siendo para todos.  La economía se puede visilualizar positiivamente a nivel europeo y esa ola  pueda despuntar en el horizonte para una concretación positiva  de la economía esto conllevaría ser más fácil para apoyar a las emprresas.

Caballero ofrece o mantemento municipal dos xardíns do Areal que o Porto proxecta arranxar

O alcalde de Vigo asegurou este martes que o Concello de Vigo está disposto a realizar o mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo. En rolda de prensa, Caballero informou da remisión dun escrito á Autoridade Portuaria a mediados de decembro amosando a “satisfacción” municipal pola iniciativa e solicitando coñecer detalles do proxecto e do posterior mantemento da zona, que ata o momento vén realizando o Concello.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este martes que o Concello se encargue do mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre as administracións.
Caballero remitíu o 15 de decembro unha carta á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, amosando a “satisfacción” municipal pola iniciativa portuaria para a zona, onde o goberno local ten un parque biosaudable e unha zona de ocio infantil.
 O alcalde explicou que lle solicitou no escrito -aínda pendente de contestación- coñecer os detalles do proxecto e como se proxecta o mantemento posterior dos xardíns, que ata o momento vén acometendo o Concello vigués. Abel Caballero aclarou que se precisa saber o planteamento portuario para definir se é preciso ou non retirar da zona os parques infantil e biosaudable que o Concello ten dispostos en Areal.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O NOVO PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN, CON AXUDAS DE ATA O 25% DO CUSTO E CO QUE XERARÁ UN INVESTIMENTO ASOCIADO DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS

  • O director do Instituto Enerxético de Galicia presentou esta nova liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética, que se enmarca dentro da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, e á que se destina un orzamento de 1 millón de euros
  • Será subvencionable o cambio de caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor pola compra doutros equipos de alta eficiencia enerxética con potencia maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW
  • Prevese que a través desta campaña Economía e Industria obteña un aforro e enerxía primaria de 212,4 toneladas equivalentes de petróleo, así como evitar a emisión de 776 toneladas de CO2 á atmosfera Leer Más…