Caballero ofrece o mantemento municipal dos xardíns do Areal que o Porto proxecta arranxar

O alcalde de Vigo asegurou este martes que o Concello de Vigo está disposto a realizar o mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo. En rolda de prensa, Caballero informou da remisión dun escrito á Autoridade Portuaria a mediados de decembro amosando a “satisfacción” municipal pola iniciativa e solicitando coñecer detalles do proxecto e do posterior mantemento da zona, que ata o momento vén realizando o Concello.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este martes que o Concello se encargue do mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre as administracións.
Caballero remitíu o 15 de decembro unha carta á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, amosando a “satisfacción” municipal pola iniciativa portuaria para a zona, onde o goberno local ten un parque biosaudable e unha zona de ocio infantil.
 O alcalde explicou que lle solicitou no escrito -aínda pendente de contestación- coñecer os detalles do proxecto e como se proxecta o mantemento posterior dos xardíns, que ata o momento vén acometendo o Concello vigués. Abel Caballero aclarou que se precisa saber o planteamento portuario para definir se é preciso ou non retirar da zona os parques infantil e biosaudable que o Concello ten dispostos en Areal.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: